Este libro presenta as grandes teorías que explican e, á vez, configuran a práctica teatral moderna nos seus diferentes niveis: texto, dramaturxia, posta en escena. Organizando o seu material de forma tan coherente como orixinal, e botando man dunha linguaxe case narrativa que converte a sua exposicion nunha apaixoante aventura, Jean-Jacques Roubine percorre a historia do discurso teatral europeo desde o seculo XVII ata os nosos dias achegandonos unha vision clara e aguda das motivacions internas e externas que provocan a sua evolucion.