Entre Noriega Varela e Maupassant, escrito dende a esixencia literaria, cunha subtil e delicadísima vontade de estilo que o lector descubre xa no primeiro parágrafo (¡esa marabillosa teoría do balcón!), mais coa humildade de quen sabe que na literatura esta ben entrar con pes de la, sen algueiradas (tan propias dos nosos tempos), madurando ben o que se fai. Tal e o libro de contos que Xose Manuel Trigo acaba de publicar. Non estamos diante dun rapaz que empeza, senon dun lector maduro que hai tempo que escribe e garda, traballa e escolma, consciente de que acaso a sua literatura non estea hoxe nas correntes mais a moda, pero que arrinca de atras, ten raiceiras propias coas que alimentarse (e alimentarnos), non e unha improvisacion. Atencion pois a esta pequena xoia. Hai que saber tratala. Ven armada en pequenas teselas, tal que un mosaico, ou coma doas dun rosario, sabiamente labradas. Vinteseis relatos. Alguns moi breves, de a penas unha paxina, outros algo mais demorados. O escritor construe un mundo orixinal, autonomo, apoiado na alegoria e na metafora, na potencia dos sentidos (canto perfume, canta luz, cantas cores) e mais na ternura, nunha extraordinaria capacidade de observacion e sobre todo no humor, que non falta en ningunha paxina. Non hai boa literatura sen humor. Vinteseis relatos arredor das flores e das plantas. Velaqui os xeranios, as roseiras, a elegante camelia, o intensisimo xazmin, as buganvilias, o acivro, pero tamen o ficus, a magnolia, o toxo bravo e o ginkgo biloba, que permite o autor comparar, nun arrouto de audacia, a praza Roxa de Santiago nada menos que co Central Park, cos nenos WAPs correndo entre naiciñas novas e vellos abraiados. Un libro para ler e disfrutar, coma os bos albariños, dos que bastante saben estas paxinas, pois percorren unha perfumada xeografia que vai de Meira (na ria de Vigo) a Compostela, e dende os areais de Muros o val da Ulla. Un libro construido, repito, dende o pracer dos sentidos, para afirmalos e reivindicalos, falando das cousas grandes coma se fosen pequenas, minimalismo ecoloxico, tratado de botanica sentimental, anuncio dun escritor que, sen presas, apunta un rexistro orixinal que moitos agradecemos. Un sistema literario e sempre un poliedro. Deben reflectir nel as luces mais variadas. Nunca e unidimensional. A unidimensionalidade (a literatura dun unico carril) e o mais parecido o encefalograma pl
Ver más