Xosé Ramón García Martínez (Pontevedra, 1950) simultaneou durante moitos anos a súa actividade docente como catedrático de Bioloxía e Xeoloxía coa recollida de información botánica no campo e a súa publicación. É coñecido dos afeccionados por anteriores obras de divulgación botánica como "Pequena flora de Galicia" (1979) ou a "Guía de plantas con flores de Galicia" (Xerais, 1991).
Recibe novedades de Xosé Ramón García directamente en tu email
A Guía das Plantas de Galicia, do prestixioso botánico Xosé Ramón García, é un instrumento imprescindible para o coñecemento básico da actual fl ora do noso país. A partir dunha terminoloxía sinxela, permitenos a determinacion polo miudo das especies que os estudosos e afeccionados poden atopar nas saidas ao campo ou nos paseos polo seu contorno. O libro comeza cunha introducion xeral na que se trata da recoleccion, preparacion e conservacion das plantas, nomenclatura botanica, posibilidades de internet e xeoloxia de Galicia. Incluese normativa legal sobre proteccion dos habitats naturais, o Catalogo galego de especies ameazadas e o Rexistro de especies de interese galego. Logo, aborda a obra as claves dicotomicas que permiten a determinacion ata o nivel de especie, para entrar nas fi chas descritivas das familias e nas 1.386 especies (a maior parte das que aparecen en Galicia), indicandose o nome considerado correcto, sinonimos, nomes populares en galego e castelan, descricion con especial atencion as caracteristicas que teñen valor diferencial, habitats mais habituais e epoca de fl oracion. A Guia das Plantas de Galicia conten, ademais, mais de 1.000 fotografias que ilustran o aspecto xeral da planta ou aspectos relevantes para a sua identifi cacion, asi como debuxos nos casos en que se considera oportuno. Esta obra monumental remata cun vocabulario en que se glosan os termos empregados.
A "Guía das plantas de Galicia", do botánico Xosé Ramón García, é un instrumento imprescindible para o coñecemento básico da actual flora do noso país. A partir dunha terminoloxía sinxela, permítenos a determinacion polo miudo das especies que os estudosos e afeccionados poden atopar nas saidas ao campo ou nos paseos pola sua contorna. O libro comeza cunha introducion xeral que trata da recoleccion, preparacion e conservacion das plantas, nomenclatura botanica, posibilidades que ofrece Internet e xeoloxia de Galicia. Contemplase a normativa legal actualizada sobre proteccion dos habitats naturais e a listaxe de especies silvestres en rexime de proteccion especial de Galicia, que inclue o "Catalogo galego de especies ameazadas", asi como o "Atlas y Libro Rojo de la Flora Vascular Amenazada de España". Ademais, en cada especie tratada indicase a categoria con que pode estar no devandito catalogo, asi como a posible consideracion de invasora pola Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN). Logo, aborda a obra as claves que permiten a determinacion ata o nivel de especie ou subespecie, para entrar nas fichas descritivas dos 1715 taxons (a maioria dos que en Galicia existen), indicandose o nome considerado correcto, sinonimos mais habituais, nomes populares en galego, castelan e ingles, descricion -con especial atencion as caracteristicas que teñen valor diferencial-, habitats mais habituais e fenoloxia da floracion. A "Guia das plantas de Galicia" conten, ademais, 1493 fotografias que ilustran o aspecto xeral da planta ou aspectos relevantes para a sua identificacion, asi como outro tipo de iconas nos casos que se consideran oportunos. A obra remata cun vocabulario en que se glosan os termos empregados, unha bibliografia basica e un completo indice alfabetico.