leer_primeras_paginas Leer primeras páginas

📗 Libro en gallego GUÍA DAS PLANTAS DE GALICIA

Edicións Xerais - 9788411103558

Biología Estudios generales de botánica

Sinopsis de GUÍA DAS PLANTAS DE GALICIA

A "Guía das plantas de Galicia", do botánico Xosé Ramón García, é un instrumento imprescindible para o coñecemento básico da actual flora do noso país. A partir dunha terminoloxía sinxela, permítenos a determinación polo miúdo das especies que os estudosos e afeccionados poden atopar nas saídas ao campo ou nos paseos pola súa contorna. O libro comeza cunha introdución xeral que trata da recolección, preparación e conservación das plantas, nomenclatura botánica, posibilidades que ofrece Internet e xeoloxía de Galicia. Contémplase a normativa legal actualizada sobre protección dos hábitats naturais e a listaxe de especies silvestres en réxime de protección especial de Galicia, que inclúe o "Catálogo galego de especies ameazadas", así como o "Atlas y Libro Rojo de la Flora Vascular Amenazada de España". Ademais, en cada especie tratada indícase a categoría con que pode estar no devandito catálogo, así como a posible consideración de invasora pola Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN). Logo, aborda a obra as claves que permiten a determinación ata o nivel de especie ou subespecie, para entrar nas fichas descritivas dos 1715 taxons (a maioría dos que en Galicia existen), indicándose o nome considerado correcto, sinónimos máis habituais, nomes populares en galego, castelán e inglés, descrición -con especial atención ás características que teñen valor diferencial-, hábitats máis habituais e fenoloxía da floración. A "Guía das plantas de Galicia" contén, ademais, 1493 fotografías que ilustran o aspecto xeral da planta ou aspectos relevantes para a súa identificación, así como outro tipo de iconas nos casos que se consideran oportunos. A obra remata cun vocabulario en que se glosan os termos empregados, unha bibliografía básica e un completo índice alfabético.

Ficha técnica


Editorial: Edicións Xerais

ISBN: 9788411103558

Idioma: Gallego

Número de páginas: 664

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 07/12/2023

Año de edición: 2023

Plaza de edición: Es

Colección:
TURISMO / OCIO - MONTES E FONTES - Guías da natureza

Alto: 24.0 cm
Ancho: 17.0 cm
Grueso: 2.7 cm
Peso: 1249.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por Xosé Ramón García


Xosé Ramón García Martínez (Pontevedra, 1950) simultaneou durante moitos anos a súa actividade docente como catedrático de Bioloxía e Xeoloxía coa recollida de información botánica no campo e a súa publicación. É coñecido dos afeccionados por anteriores obras de divulgación botánica como "Pequena flora de Galicia" (1979) ou a "Guía de plantas con flores de Galicia" (Xerais, 1991).
Descubre más sobre Xosé Ramón García
Recibe novedades de Xosé Ramón García directamente en tu email

Opiniones sobre GUÍA DAS PLANTAS DE GALICIA


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana