Cando Vera era nena, un demo roldaba a súa casa e acosaba á súa nai, martelándolle os nervios ata prostrala na cama durante días. Entre as sesións de exorcismo coa meiga e as citas co psiquiatra, ano tras ano, a supersticion esvaecese para deixar paso ao diagnostico. Mais, malia os malos tratos, a enfermidade e as excentricidades, o amor dunha nai e a sua filla e mais forte ca calquera outra cousa, sobrevivindo ao paso do tempo e as tormentas.Realizada durante unha residencia na Maisons des Auteurs de Angouleme (Francia), O Corpo de Cristo e a declaracion de amor dunha filla a sua nai, a que ten que coidar sendo demasiado nova, pero, mais ala da tolemia, tamen e o retrato traxico e universal dunha muller encerrada no seu papel de filla, nai e esposa nunha España patriarcal, pobre e catolica.A autora resultou gañadora do Premio Nacional de Comic 2024 que outorga o Ministerio de Cultura e Deporte. O xurado apuntou que O Corpo de Cristo e unha obra innovadora, arriscada no formal, con texturas e composicions que transcenden as tecnicas mais utilizadas sen renunciar ao emprego do humor e a unha mirada poetica. A obra posue unha gran profundidade e sensibilidade polo xeito de abordar un tema tan complexo coma o da saude mental desde a propia experiencia da autora, asi coma a reivindicacion da importancia dos coidados. Asi mesmo, sinalou que e unha obra de gran beleza visual e profunda emocion que ofrece unha mirada sorprendente na relacion nai e filla, sendo unha autentica exploracion da linguaxe que emprega recursos esteticos alternativos e mostra unha nova forma de tecer a historia reivindicando a propia memoria migrante.Pola sua parte, o ministro de Cultura, Ernest Urtasun, destacou que a sensibilidade e o respecto que Bea Lema dedica a saude mental e a reivindicacion dos coidados nO Corpo de Cristo, ademais das suas asombrosas ilustracions e bordados, fan que este Premio Nacional de Comic 2024 sexa merecidisimo.O Premio Nacional de Comic, que agora Astiberri publica por primeira vez en galego, unese a longa lista de premios e nominacions estranxeiras que recibiu este comic: Premio Nacional de Comic de España Gañadora 2024 Premio Miguel Gallardo a Autora Emerxente no Salon de Comic de Barcelona - Nominada 2024 Premio ACDComic a Autora Revelacion - Finalista 2024 Premio de Comic dos Lectores das Bibliotecas de Burdeos - Nominada 2024 Gran Premio da Heroina Madame Figaro - Gañadora 2024 Premio Bedelys 2024 do Festival de Comic de Montreal a mellor obra estranxeira - Gañadora 2024 Premio literario rexional de estudantes de Secundaria Agence regionale du Livre Provence-Alpes-CotedAzur - Short-list 2024-2025 Premio do Publico no Festival de Comic de Angouleme 2024 Gañadora 2024 Fauve des Lyceens / Festival Internacional de Comic de Angouleme 2024 Nominada 2024 Premio Artemisia - Nominada 2024 Premio Premiere vague BD / Librairie lesprit large - Nominada 2024 Premio do Xurado / Festival BD en Perigord de Bassillac - Gañadora 2023As cinco edicions en castelan de O Corpo de Cristo, Astiberri suma a edicion en galego. Ademais, na actualidade Bea Lema traballa na adaptacion dO Corpo de Cristo a curtametraxe de animacion.
Ver más