Esta Guía do Camiño de Santiago para peregrinos de Antón Pombo inclúe o percorrido desde Ponferrada a Compostela a través de 9 etapas coidadosamente descritas. Ademais, a guía continúa con 4 novas etapas e as suas variantes, para incluir tamen a prolongacion do camiño a Fisterra e Muxia. O autor, xornalista e historiador Anton Pombo, e un dos mellores coñecedores das rutas xacobeas. Estas paxinas ofrecen toda a informacion necesaria, de caracter practico e cultural, para o peregrino: a calidade do chan (asfalto, terra, pedregal...), os albergues e aloxamentos alternativos, os perfis altimetricos, as zonas de sombra, as fontes, os centros de asistencia medica, mapas moi detallados, desvios de interese, planos, restaurantes, asi como a informacion de interese cultural sobre as visitas atractivas, as aldeas, as vilas, as cidades, os monumentos, a ruta e o seu ambiente, a arte, a historia, etc. Esta guia inclue, ademais, no seu interior, importantes mapas en abano, despregables, utiles e independentes, para seguir, paso a paso, o rastro do Camiño. Unha guia practica e actualizadisima dirixida aos peregrinos que avanzan cara a Compostela a pe, dacabalo ou en bicicleta, o libro esta aberto tamen os que queiran coñecer algun tramo da rota, asi como a aqueles que, dispoñendo de coche, se interesen polos aspectos paisaxisticos e monumentais dun itinerario declarado Patrimonio da Humanidade.
Ver más