As condicións de traballo eran moi duras. Non había horarios, a atención prestábase as vinte e catro horas do día, os sete días da semana e os trescentos sesenta e cinco días do ano. Apenas había estradas, e para chegar a casa de moitos doentes cumpria ir por corredoiras enlamadas. Casas as que, en moitas ocasions, ainda non chegara a luz electrica. O cabalo, a moto e o utilitario foron marcando no tempo o progreso dos medicos e o desenvolvemento das zonas. Atendian partos, fracturas, enfermidades comuns e todos os problemas de saude que lles afectasen aos seus pacientes, pois trasladalos a cidade era moi complicado e moitos tampouco dispoñian de recursos economicos para facerlles fronte. Os medicos rurais de enton foron profesionais que exerceron a medicina cunha entrega absoluta, suplindo as carencias tecnicas cun enxeño e unha pericia practicamente infinitos. Autenticos heroes silenciosos, como foron chamados, que atendian os seus pacientes cun trato familiar moi humanitario, en ocasions sen cobrarlles, incluso dandolles de comer ou mesmo cartos para comprar as medicinas a aqueles mais necesitados, nunha epoca de grandes carencias e pobreza. Eran persoas da total confianza dos seus pacientes, autenticos confesores, conselleiros e gardians de segredos. Manuel Perez Maroño foi un deses medicos rurais durante un longo periodo de mais de corenta anos, que abarca desde mediada a decada dos cincuenta ata 1995, en que se produciu a sua xubilacion. No desempeño da profesion e recoñecido como un dos medicos rurais mais activos da Costa da Morte durante a segunda metade do pasado seculo, cun importante labor de liderado da clase sanitaria da zona (La Voz Carballo, 2005). Pero sobre todo segue a ser lembrado como un home de ben, proximo e humilde, de facil trato, accesible a calquera independentemente da sua procedencia ou condicion, con innumerables e apreciados amigos ala por onde foi. Dotado dunha grande intelixencia, fina ironia e simpatia por milleiros, fixo gozar coas suas historias a todos aqueles que as compartian con el. Este libro recolle, a grandes trazos, parte da sua vida e das suas andanzas polos lugares, aldeas e vilas da vella e incomparable Costa da Morte.
Ver más