📗 Libro en gallego A AGONIA DO LEON

ESPERANZA E TRAXEDIA DOS ESCAPADOS

Edicións Xerais - 9788499141961

Historia local de España Galicia

Sinopsis de A AGONIA DO LEON

O destino de Manuel Girón Bazán foi un dos moitos que se viron alterados en España polo comezo da Guerra Civil en xullo do 1936.A guerra ía separalo da súa ocupación no campo para convertelo primeiro nun loitador na fronte de Asturias e despois, ao rematar a contenda, nun guerrilleiro antifranquista polo Bierzo, Ourense e o norte de Portugal. Durante os seus quince anos como escapado alumeouse o «mito Girón», co que se agrandou e sublimou a historia dunha vítima máis da guerra, dun home que, a falta de oportunidades de reinserción, foi protagonista dunha longa e azarosa peripecia de fuxida levando até as súas últimas consecuencias un desigual combate contra o franquismo, mesmo cando carecía xa de posibilidades de éxito.As andanzas de Manuel Girón non son concibibles sen a comarca leonesa na que se agochou durante anos como escapado, La Cabrera, un espazo de montaña por entón case inaccesible que se estende polo noroeste da provincia de León nos seus límites con Zamora e Ourense. A Guerra Civil española sobreviviu neste curruncho esquecido moito despois de 1939. Nesta case «selva» inexpugnable é onde terá lugar A agonía do león, narrada hoxe con grande rigor histórico por Carlos G. Reigosa.O autor lánzase cara á paisaxe da literatura oral e do país real a peito descuberto, sen morbo e con vocación esclarecedora, sempre tras dos seus personaxes. Así, A agonía do león pode lerse como reportaxe dun tempo de dor, como novela policial, como crónica de horribles sucesos, como episodio bélico, como novela psicolóxica, como crónica de costumes, como socioloxía dunha zona deprimida, como retrato da condición humana nunha situación límite...O destino de Manuel Girón Bazán foi un dos moitos que se viron alterados en España polo comezo da Guerra Civil en xullo do 1936.A guerra ía separalo da súa ocupación no campo para convertelo primeiro nun loitador na fronte de Asturias e despois, ao rematar a contenda, nun guerrilleiro antifranquista polo Bierzo, Ourense e o norte de Portugal. Durante os seus quince anos como escapado alumeouse o «mito Girón», co que se agrandou e sublimou a historia dunha vítima máis da guerra, dun home que, a falta de oportunidades de reinserción, foi protagonista dunha longa e azarosa peripecia de fuxida levando até as súas últimas consecuencias un desigual combate contra o franquismo, mesmo cando carecía xa de posibilidades de éxito.As andanzas de Manuel Girón non son concibibles sen a comarca leonesa na que se agochou durante anos como escapado, La Cabrera, un espazo de montaña por entón case inaccesible que se estende polo noroeste da provincia de León nos seus límites con Zamora e Ourense. A Guerra Civil española sobreviviu neste curruncho esquecido moito despois de 1939. Nesta case «selva» inexpugnable é onde terá lugar A agonía do león, narrada hoxe con grande rigor histórico por Carlos G. Reigosa.O autor lánzase cara á paisaxe da literatura oral e do país real a peito descuberto, sen morbo e con vocación esclarecedora, sempre tras dos seus personaxes. Así, A agonía do león pode lerse como reportaxe dun tempo de dor, como novela policial, como crónica de horribles sucesos, como episodio bélico, como novela psicolóxica, como crónica de costumes, como socioloxía dunha zona deprimida, como retrato da condición humana nunha situación límite...

Ficha técnica


Editorial: Edicións Xerais

ISBN: 9788499141961

Idioma: Gallego

Número de páginas: 416
Tiempo de lectura:
9h 55m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 15/02/2011

Año de edición: 2011

Plaza de edición: Es

Colección:
EDICIÓN LITERARIA - CRÓNICA - Memoria

Alto: 22.5 cm
Ancho: 14.5 cm
Grueso: 2.6 cm
Peso: 590.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por Carlos G. Reigosa


Carlos G. Reigosa (Carlos González Reigosa) (Pastoriza, 1948). Licenciado en Ciencias da Información e Ciencias Políticas. Xornalista. Desde 1997 é director de Publicacións Análise e estilo da Axencia EFE. Autor de numerosos artigos sobre crítica teatral, literaria e política internacional, publicados en revistas e xornais españois e americanos. Como narrador ten publicadas as seguintes obras: Oxford, amén (1982), novela; Homes de tras da Corda (Xerais 1982, 2000), relatos; Conversas de Carlos G. Reigosa con Gonzalo Torrente Ballester (1983); Crime en Compostela (Xerais 1984), Premio Xerais de novela; As pucharcas da lembranza (Xerais 1985), relatos; Irmán Rei Artur (Xerais 1986, 2000), relatos; O misterio do barco perdido (Xerais 1988), novela; «Matinacións zafanarias» en Contos eróticos / eles (Xerais 1990); Os outros disparos de Billy (Xerais 1991); «A súpeta despedida de Ramón Beiro» (1992), relato publicado nos Contos do Castromil; A guerra do tabaco (Xerais 1996), novela; Narcos (Xerais 2000), novela, Premio Benito Soto 2001; e Intramundi (Xerais 2002), novela. Ademais publicou varios libros de investigación e ensaio xornalístico, entre eles, Fuxidos de sona (Xerais 1989), documento xornalístico; La agonía del león (Alianza Editorial 1995), Premio Internacional Rodolfo Walsh de Literatura testemuñal en 1996; e Doutor Livingstone, supoño (Xerais 1998), ensaios.
Descubre más sobre Carlos G. Reigosa
Recibe novedades de Carlos G. Reigosa directamente en tu email

Opiniones sobre A AGONIA DO LEON


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana