A alfombra de Mauro ten un gran segredo que gardar. É unha alfombra traizoeira, que gusta de converterse en trampa no canto de contentarse con servir para o que se supón que deben servir todas as alfombras non voadoras: para limpar os pés antes de entrar na cama ou para non sentir frío o piso á hora de erguerse. Tende coidado con ela, non é unha alfombra de fiar...
Ficha técnica
Ilustrador: López Noemí
Editorial: Everest
ISBN: 9788440304353
Idioma: Gallego
Número de páginas: 72
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 18/11/2003
Año de edición: 2003
Plaza de edición: Es
Colección:
Montaña Encantada Galego
Montaña Encantada Galego
Alto: 19.5 cm
Ancho: 12.5 cm
Grueso: 12.5 cm
Especificaciones del producto
Escrito por Xavier López Rodríguez
Xavier López Rodríguez (1956) naceu na aldea arraiana de San Ciprián de Hermisende (Zamora). Xornalista de profesión, reside e traballa en Santiago de Compostela desde 1985. Traballou en periódicos como El Correo de Zamora, El Norte de Castilla, Diario de Galicia e Diario 16 de Galicia. En castelán publicou Retrato de viejo con chupete (1988) e El clan de los sonámbulos (1991). Comezou a publicar libros en lingua galega en 1993 con Outros heroes, unha dura crónica sobre as víctimas das drogas. Xa no eido da narrativa publicou a continuación A citación (1995), Coma unha pluma liviá (1995), Días de desterro (Xerais 1996), Linguas longas (1998), Brumoso (Xerais 1998), O neno que matou a Deus (1998), Noitebra (Xerais 1999), Un burro hippy (2000), Catro pitas (2000), Amigo medo (2002), Castiñeiro e compaña (2003), Destrucción (Xerais 2003), finalista do Premio Xerais de Novela 2003 e Lixo (Xerais 2009), relatos e novelas dirixidos aos lectores e lectoras infantís, xuvenís ou adultos.