Sara decidiu que limparía o sofá. Como muller precavida que era leu con atención as instruccións do bote de "Escumiña", o producto ideal para limpar en seco todo tipo de alfombras, tapicerías e moquetas. Seguiu as instruccións con xusteza: quitou o po, axitou o envase antes de usalo, pulverizou co bote de "Escumiña" a unha distancia duns 30 cms, estendeu, deixou secar... e sucedeu que tódalas cores do sofá desapareceron. ¡O sofá estampado estaba completamente branco! As cores decidiron abandonar a casa ó pechar a noite para que ninguén as vise mentres se afastaban. A cor Verde sentiuse culpable por ocupar a orella do pobre de Carlos. A cor Negra caíu nunha rosa e causa sensación. A cor azul vive cunha amiga... Fermoso libro cheo de fantasía, adiviñas para descubrir e recitados para memorizar.
Ficha técnica
Ilustrador: Enjamio
Editorial: Xerais
ISBN: 9788483022528
Idioma: Gallego
Número de páginas: 128
Encuadernación: Tapa blanda
Año de edición: 1998
Plaza de edición: Vigo
Alto: 19.0 cm
Ancho: 14.0 cm
Especificaciones del producto
Escrito por Concha Blanco
Concha Blanco Blanco (A Coruña, 1950) exerceu como profesora de Lingua e Literatura galega en distintos centros. Autora dunha extensa obra dirixida ao público infantil e xuvenil entre as que destacan "Quero que veñan meus pais", Premio Lecturas Galix, 2002 e "¡A min que me importa!", accésit Premio Lazarillo, 1997. En Xerais ten publicado "A aventura das cores" (1998), "As noites de Xián" (2014) e «Eu tamén fun pequeña» (2023).