A colección Merlín consolídase como unha referencia xa imprescindible para entender a actual literatura infantil e xuvenil que se fai en Galicia. E non son palabras gratuítas, porque se examinamos o catálogo da colección, vemos que nela están todos os nomes que hoxe son unha referencia na escrita e na ilustración para rapaces. E non só é iso, senón que, ademais, moitos deses nomes publicaron por primeira vez en Merlín, que mantén a teima de apostar con firmeza pola descuberta de novos valores. Escrita e ilustración están extraordinarimante vencelladas nesta obra, dado que hai unha completa integración da palabra e da imaxe. Trátase dun relato no que se mesturan fantasía e realidade. É unha narración na que a imaxe ten un peso esencial: un texto fresco e áxil, manuscrito, serve de complemento a unhas ilustracións cálidas e tenras, que son todo un pracer para os ollos. Un magnífico libro para os primeiros lectores.
Ficha técnica
Editorial: Xerais
ISBN: 9788475079233
Idioma: Gallego
Número de páginas: 64
Encuadernación: Tapa blanda
Año de edición: 1995
Plaza de edición: Vigo
Alto: 19.0 cm
Ancho: 14.0 cm
Especificaciones del producto
Escrito por Ánxeles Ferrer
Ánxeles Ferrer (Valdeorras, 1957), cursou estudios de Ciencias da Información, ilustradora e autora de literatura infantil. Ilustrou e escribiu: "A aventura de Xanzolo" (Xerais 1995), "Os señores meses" (Xerais 2000) e "O sombreiro do mago" (Xerais 2017). Como ilustradora publicou en Xerais os seguintes traballos: "Roxelio e a couza", "A casa do porco bravo" (Xerais 1990), "Oso mimoso" (Xerais 1992), "O quirico lambón" (Xerais 1997), "A campa da lúa" (Xerais 1999), "Contos fantásticos I" (Xerais 2001) e "Un niño no xardín" (Xerais 2012). Mantén o seu blog: http://vagalumesentreaherba.blogspot.com/