A eterna pregunta que todos nos facemos nos
primeiros anos da infancia, sobre a onde van aspersoas cando morren, é o tema central deste
álbum. Pero esta obra é especial, non só polaternura que transmite a historia, senón tamén pola
orixinalidade da súa proposta estética, elaboradacunha técnica mixta a base de collage e figuras en
relevo elaboradas con materiais de metal, madeira etea.
Avó e neto comparten o seu tempo no xardín, oespazo preferido da avoa da familia e onde a
lembran. Christian Voltz logra o xeito de plasmar asúa presenza: con trazos de valor etéreo e tamén
mediante o símbolo material dunha bolboreta, quelles acompaña, lles axuda a realizar as tarefas cotiás
e, sobre todo, lles protexe...