📗 Libro en gallego A CIDADE E OS DIAS

XERAIS - 9788497827164

Historia local de España Ciudades y provincias

Sinopsis de A CIDADE E OS DIAS

Esta edición d´ A cidade e os días, publicada por Xerais en colaboración co concello de Vigo, rescata para a lingua galega o calendario histórico de Vigo, desenvolto por Xosé María Álvarez Blázquez ao longo de 1959 nas páxinas de Faro de Vigo e publicado,


Ficha técnica


Traductor: Pablo Sánchez Mato

Editorial: Xerais

ISBN: 9788497827164

Idioma: Gallego

Número de páginas: 592
Tiempo de lectura:
14h 11m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 09/05/2008

Año de edición: 2008

Plaza de edición: Vigo
Peso: 885.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por Xosé María Álvarez Blázquez


Xosé María Álvarez Blázquez (Tui, 1915 – Vigo, 1985) é o editor, escritor e animador cultural homenaxeado no Día das Letras Galegas 2008. A súa obra abrangue a poesía, a novela e o teatro; investigou a literatura galega, o folclore, a arqueoloxía e a historia. Fillo de Darío Álvarez Limeses, militou na Federación de Mocidades Galeguistas e no Partido Galeguista. Membro da Real Academia Galega e Cronista Oficial da cidade de Vigo, cofundou a editorial Monterrey en 1950, que refundou en 1964 como Edicións Castrelos. Os seus poemarios máis destacados son Poemas de ti e de min (1949), escrito co seu irmán Emilio; Roseira do teu mencer (1950, Xerais 1992, 2008), Romance do pescador peleriño (1954); Cancioneiro de Monfero (s. XIII) (1953), e Canle segredo (1954), un libro máis intimista. Xerais xa publicara a súa poesía galega completa en 1987, reeditándoa e ampliándoa, en edición de Xabier R. Baixeras, en 2008, con motivo da homenaxe nacional do 17 de maio. Como ensaísta é autor de diversos estudos de literatura como Escolma de poesía medieval (1975) e Escolma de poesía galega II: A poesía dos séculos XIV a XIX (1959) ou Martín Códax. Cantor do mar de Vigo (Xerais 1998). No ámbito da narrativa cabe citar Os ruíns (1936) e A pega rabilonga e outras historias de tesouros (1971); e como autor teatral publicou O zapato do cristal, que foi escenificado en Vigo o 2 de xaneiro de 1947, ou Os pazos altivos, unha comedia en tres actos en verso. Xerais publicou en 2008 A cidade e os días. Calendario histórico de Vigo (1959), a súa monumental obra sobre a historia viguesa.
Descubre más sobre Xosé María Álvarez Blázquez
Recibe novedades de Xosé María Álvarez Blázquez directamente en tu email

Opiniones sobre A CIDADE E OS DIAS


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana