Carmen Martínez Torrón e mais Xosé Castro Roig son dous coruñeses deses «de toda a vida». Con este proxecto repasan—mediante fotos antigas extraídas de álbums familiares propios e alleos—o pasado da nosa cidade, a súa evolución e os seus cambios, que discorren paralelos á vida dos retratados.
A Coruña foi e é unha cidade de emigración e de inmigración, berce de grandes políticos, de intelectuais e de literatos. O seu mesmo trazado urbanístico responde a unha longa historia de asedios, de comercio ultramarino, de pescadores e comerciantes, de ensanche e expansión por terra e por mar, de lecer e recreo.Como bos coruñeses que son, Carmen e Xosé aman e critican a súa cidade a partes iguais, porque a queren. Pero, como calquera outro coruñés, cando alguén de fóra quere facerlles de menos, únense e sacan esa María Pita que todos levamos dentro. Non en balde, somos os tataranetos dos que resistiron o desapiadado ataque do corsario Drake.
Este libro é, en fin, unha cariñosa homenaxe aos coruñeses e á nosa novelesca Marineda.
Ficha técnica
Traductor: Charo Baleirón Sóñora
Editorial: Hercules de Ediciones S.A.
ISBN: 9788412167887
Idioma: Gallego
Número de páginas: 160
Tiempo de lectura:
3h 44m
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 06/07/2020
Año de edición: 2020
Plaza de edición: A Coruña
Alto: 16.5 cm
Ancho: 24.0 cm
Grueso: 4.0 cm
Peso: 500.0 gr
Especificaciones del producto
Opiniones sobre A CORUÑA, PASADO E PRESENTE
¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!