Unha formiga coxa, unha ra peluda e unha cobra chosca deciden buscar algún lugar onde non sexan menosprezadas polas súas eivas e sexan consideradas iguais, e así comezan a súa aventura.O primeiro sitio ó que chegan é unha cidade enfeitizada. As tres amigas ofrécense a busca-lo remedio; nese traballo atopan un rato de biblioteca. Resolto o feitizo, a rexedora da cidade regálalles un estoxo de coiro que contén unhas tesoiriñas, unha agulla e un coitelo.Continuando a viaxe, as tres amigas, ás que se unirá o rato de biblioteca, caen presas dos fanáticos. Gracias ás tesoiriñas e mais ó coitelo de prata conseguen escapar da trampa.Chegan logo a unha illa onde todo é moi pequeno. Todos andaban moi preocupados buscando a princesiña Hipatia que xa levaba un día sen aparecer. As tres amigas conseguen encontrala despois de adiviña-lo esconxuro para abrí-la entrada dunha cova subterránea.Finalmente, nun val preto da praia de Estorde, encontran aquel lugar que andaban buscando.Unha formiga coxa, unha ra peluda e unha cobra chosca deciden buscar algún lugar onde non sexan menosprezadas polas súas eivas e sexan consideradas iguais, e así comezan a súa aventura.O primeiro sitio ó que chegan é unha cidade enfeitizada. As tres amigas ofrécense a busca-lo remedio; nese traballo atopanun rato de biblioteca. Resolto o feitizo, a rexedora da cidade regálalles un estoxo de coiro que contén unhas tesoiriñas, unha agulla e un coitelo.Continuando a viaxe, as tres amigas, ás que se unirá o rato de biblioteca, caen presas dos fanáticos. Gracias ás tesoiriñas e mais ó coitelo de prata conseguen escapar da trampa.Chegan logo a unha illa onde todo é moi pequeno. Todos andaban moi preocupados buscando a princesiña Hipatia que xa levaba un día sen aparecer. As tres amigas conseguen encontrala despois de adiviña-lo esconxuro para abrí-la entrada dunha cova subterránea.Finalmente, nun val preto da praia de Estorde, encontran aquel lugar que andaban buscando.
Ficha técnica
Ilustrador: Fran Jaraba
Editorial: Edicións Xerais
ISBN: 9788497828987
Idioma: Gallego
Número de páginas: 112
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 04/11/2008
Año de edición: 2008
Plaza de edición: Es
Colección:
INFANTIL E XUVENIL - MERLÍN - De 9 anos en diante
INFANTIL E XUVENIL - MERLÍN - De 9 anos en diante
Alto: 19.1 cm
Ancho: 13.5 cm
Grueso: 1.1 cm
Peso: 190.0 gr
Especificaciones del producto
Escrito por María Pilar Jiménez Aleixandre
Marilar Aleixandre (Madrid, 1947). Vive en Galicia dende 1973. Doutora en Bioloxía. Catedrática de Ciencias Naturais de Ensino Medio. Catedrática de Didáctica das Ciencias na Universidade de Santiago de Compostela. É membro da Real Academia Galega. Colaboradora das revistas "Nó", "Luzes de Galiza" e "Festa da palabra silenciada". No eido da poesía, recibiu o Premio Esquío por "Catálogo de velenos" (1999), o premio Caixanova por "Mudanzas" (2008), tendo publicado, ademais, o volume "Desmentindo a primavera" (Xerais 2003) e "Ovella descarreirada" (Xerais 2014). Colaborou como guionista con Fran Bueno na banda deseñada "Os Escachapedras", e publicou a biografía "Castelao segundo Rañolas" (2000). Como narradora ten publicado: "A formiga coxa" (Xerais 1989), novela xuvenil; "O rescate do peneireiro" (Xerais 1990), novela xuvenil; "Tránsito dos gramáticos" (Xerais 1993); "Nogard" (1994); "A expedición do Pacífico" (Xerais 1994), Premio Merlín e Premio da Crítica á creación literaria en galego en 1995; "Lobos nas illas" (Xerais 1996), relatos; "O trasno de Alqueidón" (Xerais 1996), contos infantís, Premio Rañolas 1996 ao mellor libro infantil do ano; "A Compañía Clandestina de Contrapublicidade" (1998), Premio Álvaro Cunqueiro; "A banda sen futuro" (Xerais 1999), Premio Lazarillo e Premio Lecturas Galix 2001; "Lapadoiras, Sacaúntos e Cocón" (1999), conto infantil; "Unha presa de terra" (2001), Premio La Voz de Galicia de novelas por entregas; "Teoría do caos" (Xerais 2001), Premio Xerais; "Paxaros de papel" (Xerais 2001), álbum; "O chápiro verde" (2001, Xerais 2003), conto infantil; "Basilisa, a princesa sapiño" (2002), conto infantil; "Rúa Carbón" (Xerais 2005), novela finalista do Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2006 e "A Cabeza de Medusa" (Xerais 2008), novela gañadora do Premio Fundación Caixagalicia de Literatura Xuvenil 2008 e Premio The Withe Ravens, 2009; "Dez abellas na laranxeira" (Xerais 2008), conto infantil; ''O coitelo en novembro'' (Xerais 2010); "Catro cascarolos" (Xerais 2016), conto infantil; e "Nogard" (1994, Xerais 2022), novela xuvenil. Boa parte da súa obra foi traducida a todas as linguas peninsulares.