Macbeth, Macbeth, Macbeth, gárdate de Macduff, gárdate do señor de Fife. Dime adeus... Xurxo, Xurxo, Xurxo, gárdate do Papas, o señor do Ribeiro. Gárdate do Papas e da súa filla, pois, se non te matan, farán que te mates ti. Xa é-lo seu prisioneiro. Xa te torturan. Xa che roubaron os soños... Procura que non che corten a cabeza como Macduff lla cortou a Macbeth. Antes de que cha corten eles a ti, córtalla ti a eles. Deféndete. Desarma ós teus verdugos. Non me digas adeus...(Dunha nota perdida de X.C.)
Ficha técnica
Editorial: Xerais
ISBN: 9788475071862
Idioma: Gallego
Número de páginas: 192
Tiempo de lectura:
4h 31m
Encuadernación: Tapa blanda
Año de edición: 1985
Plaza de edición: Vigo
Alto: 21.0 cm
Ancho: 13.0 cm
Especificaciones del producto
Escrito por Xosé Fernández Ferreiro
Xosé Fernández Ferreiro (Nogueira de Ramuín, 1931 - A Coruña, 2015) traballou como xornalista en La Noche, El Correo Gallego e La Voz de Galicia. A súa actividade profesional foi recoñecida co Premio Galicia de Xornalismo (1985) e coa Letra E da Asociación de Escritores en Lingua Galega (2003). Membro do grupo literario Brais Pinto, comezou a súa andaina publicando os libros de poemas Ribeirana do Sil (1952) e A noite (1959). Como narrador publicou as seguintes novelas, a maior parte delas no catálogo de Xerais: A morte de Frank González (1975), Morrer en Castrelo do Miño (1978), A saga dun afiador (1980), A ceo aberto (1981), Corrupción e morte de Brigitte Bardot (1981), Reportaxe cósmico (1983), A fraga dos paxaros salvaxes (1985), O minotauro (1989), Agosto do 36 (1991, Premio Xerais de Novela, traducida ao castelán por Alianza Editorial), A cidade das chuvias (1994), O atentado (1999, Premio Losada Diéguez), O último paraíso (2001), Millo verde (2002), Os últimos fuxidos (2004), e Tempo de centeo (2009). Ademais, publicou o libro de relatos Co medo nas mans (1996) e o relato infantil O conto da boa e da mala pipa (1996). De Xente Nova a Brais Pinto. Memorias dun afiador rebelde (Xerais, 2012) recolle as súas inquietudes mozas. "Ulcis" (Xerais, 2020) publícase postumamente.