OQO EDITORA - 9788498711653
Moi quere saber moito máis sobre uns tímidos habitantes da súa illa, os cangrexos violinistas, e non parará ata conseguilo.
Con este álbum, Xavier Queipo lémbranos que sempre hai cousas novas que aprender. O que cómpre son ganas. Logo, un pode aprender por si mesmo… ou dos que saben máis, como o avós, que gardan auténticos tesouros de sabedoría á espera de que os descubramos.
Destacan polo seu gran poder de evocación, as ilustracións de Jesús Cisneros. O artista reserva para o primeiro plano as figuras, case sempre humanas. Trátase de formas moi estilizadas, trazo que acentúa a súa elegancia. Os fondos, en cambio, aparecen esfumados, como creados a partir de manchas de cor. En xeral decántase por unha gama de tons suaves, agás no caso do azul, cor que non pasa nunca desapercibida nas composicións e que brilla cunha forza especial. Como non podía ser doutro xeito, nunha illa tan misteriosa…
Un fermoso álbum que nace da ansia de coñecemento, moi viva sempre nos nenos, e que nunca deberían deixar morrer tampouco os adultos.
Texto de Xavier Queipo
Ilustracións de Jesús Cisneros
Especificaciones del producto
Escrito por Xavier Queipo
¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!