leer_primeras_paginas Leer primeras páginas

📗 Libro en gallego A MENSAXE ENTRE AS SOMBRAS. OBRA POETICA DE ISAAC DIAZ PARDO

Edicións Xerais - 9788491218388

Literatura en gallego Poesía en gallego

Sinopsis de A MENSAXE ENTRE AS SOMBRAS. OBRA POETICA DE ISAAC DIAZ PARDO

Non sorprende o Isaac Díaz Pardo pintor, ceramista, deseñador, editor... pero, o poeta? Coa súa personalidade de creador infatigable e animador titánico, Isaac foi tamén un prolífico escritor, aínda que esta faceta non resulte nin ben coñecida nin debidamente ponderada.

Non sorprende o Isaac Díaz Pardo pintor, ceramista, deseñador, editor... pero, o poeta? Coa súa personalidade de creador infatigable e animador titánico, Isaac foi tamén un prolífico escritor, aínda que esta faceta non resulte nin ben coñecida nin debidamente ponderada. Ora ben, Isaac desenvolveu, ademais do xornalismo, todos os xéneros literarios (poesía, narrativa, dramaturxia e ensaio). Unha poderosa e adversa razón histórica -a censura- provocou que unha parte significativa da súa escrita fose publicada no exilio en Bos Aires baixo o coidado de Luís Seoane. Caso diferente é o da obra poética, dispersa a través de revistas, follas soltas, libros, folletos ou inserida na dramaturxia e narrativa.A reunión de todos os textos poéticos publicados ao longo de máis de medio século (1955-2007) converte en excepcional esta xeira, amosando unha voz ben orixinal dentro da literatura galega.Non sorprende o Isaac Díaz Pardo pintor, ceramista, deseñador, editor... pero, o poeta? Coa súa personalidade de creador infatigable e animador titánico, Isaac foi tamén un prolífico escritor, aínda que esta faceta non resulte nin ben coñecida nin debidamente ponderada. Ora ben, Isaac desenvolveu, ademais do xornalismo, todos os xéneros literarios (poesía, narrativa, dramaturxia e ensaio). Unha poderosa e adversa razón histórica -a censura- provocou que unha parte significativa da súa escrita fose publicada no exilio en Bos Aires baixo o coidado de Luís Seoane. Caso diferente é o da obra poética, dispersa a través de revistas, follas soltas, libros, folletos ou inserida na dramaturxia e narrativa.A reunión de todos os textos poéticos publicados ao longo de máis de medio século (1955-2007) converte en excepcional esta xeira, amosando unha voz ben orixinal dentro da literatura galega.

Ficha técnica


Editorial: Edicións Xerais

ISBN: 9788491218388

Idioma: Gallego

Número de páginas: 184

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 11/03/2021

Año de edición: 2021

Plaza de edición: Es

Colección:
EDICIÓN LITERARIA - XERAIS CLÁSICOS

Alto: 22.0 cm
Ancho: 14.5 cm
Grueso: 1.5 cm
Peso: 346.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por Isaac Díaz Pardo


Isaac Díaz Pardo (Santiago de Compostela, 1920 - A Coruña, 2012) foi unha das figuras máis salientables e recoñecidas da Galicia do século XX. Intelectual galeguista, pintor, ceramista, deseñador, editor e empresario. Cursou estudos na Real Academia de Belas Artes de San Fernando, en Madrid, e foi profesor na Real Academia Catalá de Belas Artes de San Jordi de Barcelona. Expuxo as súas obras en España e no estranxeiro. Abandonou as artes plásticas e pasou á cerámica, fundando con outros socios a fábrica de Cerámicas do Castro no Castro de Samoedo (Sada), ensaiando con materias primas empregadas nas primitivas cerámicas de Sargadelos (en Cervo). En 1963 constituíu na Arxentina, con destacados galeguistas como Luís Seoane, o Laboratorio de Formas, precursor doutras actividades industriais e culturais como a restauración da produción de cerámica de Sargadelos, en colaboración con Cerámicas do Castro (1963), o Museo Carlos Maside (1970), a editorial Ediciós do Castro (1963), o restaurado Seminario de Estudos Galegos (1970), ou o Instituto Galego de Información. A súa faceta máis coñecida foi a dirección e administración do Grupo Sargadelos. En 2009 recibiu a Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes de España. Entre os seus títulos de ensaio destacan, entre outros, Xente do meu Rueiro, O ángulo de pedra, Galicia Hoy (xunto con Luís Seoane), Paco Pixiñas (con Celso Emilio Ferreiro), O Marqués de Sargadelos, Castelao etc. Este libro reúne por primeira vez a súa obra poética.
Descubre más sobre Isaac Díaz Pardo
Recibe novedades de Isaac Díaz Pardo directamente en tu email

Opiniones sobre A MENSAXE ENTRE AS SOMBRAS. OBRA POETICA DE ISAAC DIAZ PARDO


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana