Namorado dunha misteriosa moza que coñecera onda o mar, o protagonista desta adaptación de varias lendas da cultura selkie -vencellada a criaturas mitolóxicas acuáticas con raigame en Irlanda, Escocia, Islandia e as illas Feroe- toma a súa sombra para evitar que esta o abandone. Pasado o tempo, o fillo de ambos descubrirá un antigo cofre que lle pertencera ao seu pai na súa época de navegante; o tesouro que contén determinará o seu futuro. O amor e a nostalxia están presentes neste texto de palabras engaiolantes directas; unha historia soñadora, de sabor agridoce pero de intensa beleza. Humanos, peixes e outros seres fantásticos superpóñense e fusiónanse sen límites nunhas ilustracións hipnóticas e de sobrio colorido, de rotunda expresividade e atmosfera portentosa.
Ficha técnica
Traductor: Martín Veiga Alonso
Ilustrador: Javier Serrano Pérez
Editorial: Kalandraka Editora, S.L.
ISBN: 9788413431000
Idioma: Gallego
Número de páginas: 64
Tiempo de lectura:
1h 25m
Encuadernación: Tapa dura
Fecha de lanzamiento: 23/09/2021
Año de edición: 2021
Plaza de edición: Pontevedra
Alto: 24.0 cm
Ancho: 16.0 cm
Grueso: 1.1 cm
Peso: 324.0 gr
Especificaciones del producto
Opiniones sobre A NAI SOMBRA
¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!