Dende unha perspectiva actual, este libro analiza a historia da narrativa galega nas derradeiras decadas do seculo XX. Os cambios no oficio de narrador e no paradigma xenerico, a ampliación do repertorio temático e discursivo, as mudanzas na recepción e nos mecanismos de canonización. Todo o que levaría a consolidar na decada de 1990 as transformacións que fixeron posible a definitiva madurez da narrativa galega, convertida por fin nun discurso en plena sintonía co seu tempo.