Ensaios e artigos froito de dez anos de investigación da literatura contemporánea. Neste libro trátanse temas como "Narrativa, crítica e discurso social", a cuestión da literatura nacional ou a relación creación-crítica, pero tamén se ofrecen estudos e recensións de libros concretos dun abano de escritores que vai desde Víctor Freixanes e Xosé Carlos Caneiro ata Miguel Anxo Murado e Manuel Rivas. Como di a autora, "A función da literatura é facer agromar aquelo que levamos agochados no fondo de nós mesmos. Cando isto acontece dende o que somos e fomos, cando se nos reta a reflexionar sobre o que queremos ou non queremos ser, entón o mundo cobra un certo senso nas páxinas dese libro".
Unha visión panorámica do proceso de construción da nosa literatura, á vez que unha ferramenta útil e necesaria Partindo de aproximacións anteriores tan valiosas como as realizadas por Carballo Calero, Fernández del Riego ou Tarrío Varela, a autora procede a un esforzo actualizador e a unha revisión crítica do existente, que a levan a postular novas hipóteses interpretativas, sobre todo no referente á producción das últimas décadas. Estamos, pois, ante unha visión persoal, ó tempo que impecablemente documentada, da nosa historia literaria, unha visión que pretende estimular o diálogo interpretativo.
Dende unha perspectiva actual, este libro analiza a historia da narrativa galega nas derradeiras decadas do seculo XX. Os cambios no oficio de narrador e no paradigma xenerico, a ampliación do repertorio tematico e discursivo, as mudanzas na recepcion e nos mecanismos de canonizacion. Todo o que levaria a consolidar na decada de 1990 as transformacions que fixeron posible a definitiva madurez da narrativa galega, convertida por fin nun discurso en plena sintonia co seu tempo.