Susi pasa moito tempo soa xa que os seus país están moi ocupados e non poden xogar con ela.Unha tarde de verán Susi está xogando soa na horta da súa casa. Tenta falar coas plantas, cos animais... pero non atopa resposta. De repente, aparece unha nena diminuta. Explícalle que se chama Áurica, a nena de ouro, e invita a Susi a unha viaxe para coñece-lo mundo que hai ó seu arredor. Mediante unhas palabras máxicas, a nena de ouro fai que Susi se volva tan pequena coma ela. E as dúas xuntas emprenden unha viaxe na que utilizarán os máis diferentes medios para se desprazaren: un cabalíño do demo, un carro tirado por dous escornabois, unha barca feíta coa vaíña dunha faba...Así, as dúas nenas van vivindo diferentes aventuras. Pero chega a noite, Susi ten que volver onda seus país, e deciden regresar. E Susi, sen saber como, atópase de novo ó pé da súa casa, xa coa estatura normal. ¿Fora todo un soño? Ela sabe que non, aínda que a nai se empeñe en non lle dar creto ás incribles aventuras da nena.
Ficha técnica
Ilustrador: Miguel Vigo
Editorial: Xerais
ISBN: 9788475075174
Idioma: Gallego
Número de páginas: 112
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 19/05/2001
Año de edición: 1995
Plaza de edición: Vigo
Colección:
Merlin
Merlin
Alto: 19.0 cm
Ancho: 14.0 cm
Especificaciones del producto
Escrito por Ursula Heinze e IL. DE MIGUEL VIGO
Ursula Heinze (Colonia, Alemaña, 1941). Licenciada en Filoloxía Xermánica. Trasladouse a Galicia no ano 1968. Foi presidenta do P.E.N. Clube Galego. Colaboradora da Radio Galega e de O Correo Galego. Como narradora publicou as novelas: O soño perdido de Elvira M. (Xerais 1981); Anaiansi (1989); Culpable de asasinato (Xerais 1993), Premio Blanco Amor e Premio Lousada Diéguez de creación; os libros de relatos: Remuíños en coiro (Xerais 1984), Confidencias (1992), Rodolfo (1992), Polas rúas de Padrón (1994); e os libros de entrevistas: Arredor da muller en 18 mundos (Xerais 1985), Mulleres (Xerais 1991). Para o público infantil publicou: O buzón dos nenos (1985); Sempre Cristina (Xerais 1986); A casa abandonada (Xerais 1987), Premio Merlín 1986; Máis alá de Galicia (1989); Xente coma min (1989); A nena de ouro (Xerais 1991); Viaxe estraña (1991); O monstro (1992); Nace un campión (1992); O invento (1993); Quérote (1994). Como ensaísta publicou: As chamadas linguas e literaturas minoritarias (1991), Literatura galega contemporánea (1993), Fronteiras da Alofonía, do alemán ó galego (1993). Realizou diversas traduccións, como As galiñas do vento (Xerais 2000), obra poética de Gunter Grass, recibindo o Premio Ramón Cabanillas (1991) pola versión para o galego do libro de Michael Ende, O ponche dos desexos Como poeta publicou Torso (2002), poemas en alemán e galego.