Cando eu me consideraba o derradeiro supervivente dun pobo suicida, chegou a min a voz alentadora dun escritor. Era Antón Vilar Ponte. Con estas palabras, escritas en A Nosa Terra en marzo de 1936 (n.º 404) para chorar a desaparición física do xornalista de Viveiro, deixaba Castelao ben clara a enorme transcendencia que tanto para si propio como para a historia política e cultural da Galiza no seu conxunto tivera a posta en marcha, o 18 de maio de 1916, da primeira das Irmandades da Fala, á que ben axiña se sumarían outras.
Transcorridos cen anos desde aquel acontecemento histórico, a presente monografía ve lume para intentar ofrecer unha descrición fiel e detallada da traxectoria, actividades, publicacións, campañas, iniciativas, debates e conflitos que foron balizando o desenvolvemento desta entidade, unanimemente considerada pola historiografía como punto de arranque do nacionalismo galego contemporáneo.A súa disolución no seo do Partido Galeguista, en decembro de 1931, marca por iso mesmo o remate do noso percorrido, no que propositadamente emprestamos atención ás diversas vertentes esenciais do labor dese auténtico cerebro colectivo que foron as Irmandades: a reivindicación idiomática, o labor literario-cultural, a acción política e a elaboración doutrinaria. Optamos por facer un desenvolvemento pegado á...
Ficha técnica
Editorial: Baía Edicións a Coruña. S.L.
ISBN: 9788499951935
Idioma: Gallego
Número de páginas: 752
Tiempo de lectura:
18h 3m
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 01/05/2016
Año de edición: 2016
Plaza de edición: A Coruña
Colección:
Baía Ensaio
Baía Ensaio
Alto: 22.0 cm
Ancho: 15.0 cm
Especificaciones del producto
Escrito por EMILIO XOSE INSUA
Emilio Xosé Ínsua López (Viveiro, 1967). Doutor en Filoloxía Galega pola USC e profesor no IES A Basella de Vilanova de Arousa. Fai parte da redacción de "Aulas Libres" (STEG), "Ardentía" (FGCMF) e "Revista Galega de Educación" (Nova Escola Galega). Mantén na rede o blog «A ínsua do Ínsua» e escribe acotío no "Heraldo de Vivero". Editou libros de texto e obra inédita de Prados Ledesma e García Dóriga, así como pezas de Antón Villar Ponte. Participou en Letras de Cal e publicou "Devalar das esperas" (1995) e "Acontece ás veces a ternura" (2005). Obtivo os premios de investigación Irmandiños (1996), Ramón Piñeiro (2004) e Ánxel Fole (2002 e 2009). Escribiu en colaboración con C. Nuevo os volumes "O primeiro Antón Villar Ponte" (2003) e "Maruja Mallo, de prometedora pioneira a artista universal" (2010). É autor tamén de "Sobre «O Mariscal» de Cabanillas e Villar Ponte" (2005); "Antón Villar Ponte e a Academia Galega" (2006); "Orixe, peripecia e pertinencia do topónimo San Cibrao (Cervo)" (2010), e "A nosa Terra é nosa! A xeira das Irmandades da Fala (1916-1931)" (2016). En colaboración con Xurxo Martínez González escribiu "Común temos a patria. Biografía dos irmáns Villar Ponte" (Xerais 2018).