📗 Libro en gallego A OBRA DA PONTE MAIOR NO SECULO XV

DIP. PROV. DE OURENSE- 9788416643738

Historia local de España Galicia

Sinopsis de A OBRA DA PONTE MAIOR NO SECULO XV

Este libro editado no marco do concurso de publicacións do ano 2025, recolle documentos referidos a unha das obras de enxeñería máis simbólicas da nosa cidade, A Ponte Maior, ou a “Ponte Vella”. Esta obra de enxeñería, ademais de ter unha presenza que marca a cidade e o seu río, prestou servizo a Ourense desde hai máis de dous milenios. O libro comprende a trascripción de parte da súa documentación histórica, da que lamentablemente quedan poucas cousas, máis aló de diversos textos soltos, pero sobre todo quedan dous libros (transcritos dentro desta obra) referidos ás reconstrucións que levaron a cabo no século XV: Libro dá obra dá ponte, custodiado no Arquivo Histórico Provincial, (99 follas, conteñen os pormenores dos traballos levados a cabo entre 1433 e 1438). Libro de gastos dá ponte, custodiado no Arquivo da Catedral de Ourense (66 follas, datado no ano 1447, aínda que se supón que o marco cronolóxico puido ser maior).

Ficha técnica


Editorial: Dip. Prov. de Ourense

ISBN: 9788416643738

Idioma: Gallego

Número de páginas: 392
Tiempo de lectura:
9h 21m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 20/03/2026

Año de edición: 2026

Plaza de edición: Es
Alto: 24.0 cm
Ancho: 17.0 cm

Especificaciones del producto



Escrito por Anselmo López Carreira


Anselmo López Carreira, nacido en Vigo en 1951, foi deslocalizado a Ourense xa de neno. Licenciado e doutorado en Historia na Universidade de Santiago de Compostela, especializouse na Idade Media galega. O primeiro ámbito de investigación foi a cidade, con estudos centrados en Ourense ("Ourense no século XV", 1991; "A cidade de Ourense no século XV", 1998) ou ampliados ao fenómeno urbano medieval galego ("A cidade medieval galega", 1999). Outros campos de interese, non apartados do marco urbano, son o movemento das Irmandades do século XV ("A Revolución Irmandiña", 1987; "Os irmandiños. Textos, documentos e bibliografía", 1991) e a edición de fontes documentais ("Padróns de Ourense do século XV", 1995; "O pleito das fortalezas da cidade de Ourense", 1998; "Libro de Notas de Álvaro Afonso", 2000; "Fragmentos de Notarios", 2007; "Libro de protocolos de Xoán García", 2007). De índole máis xeral son os seus traballos referentes ao reino medieval, con títulos como "Os reis de Galicia" (2003) ou "O reino medieval de Galicia" (2005) e a participación en varias obras colectivas de "Historia de Galicia". En Xerais ten publicados "O Miño. Un caudal de historia" (2015), "Historia de Galicia" (2016) e "Arte e escritura na Galicia medieval" (2019). Profesionalmente é catedrático de ensino secundario en Cangas do Morrazo e profesor-titor de Historia Medieval e Paleografía no centro da UNED en Ourense.
Descubre más sobre Anselmo López Carreira
Recibe novedades de Anselmo López Carreira directamente en tu email

Opiniones sobre A OBRA DA PONTE MAIOR NO SECULO XV


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana