Este libro, preparado por Xoán Abeleira, constitúe o primeiro achegamento ao percorrido biográfico e ao estudo da obra artística de Manfred Gnädinger, o chamado “alemán de Camelle”. Nacido en Radolfzell, unha vila próxima a Friburgo, o 27 de xaneiro de 1936, o artista alemán instalouse en Camelle en 1961 desenvolvendo, dende entón, alí toda a súa vida, que cobrou trazas de auténtica lenda, e que finalizou de forma tráxica o 28 de decembro de 2002, apenas un mes despois de que o chapapote do Prestige asolagase a costa galega e estragase o conxunto das obras (esculturas e pinturas preparadas, a maior parte delas cos materiais naturais e de refugallo que deitaba o mar,) do seu singular Museo. A pegada de Man recolle case un centenar de fotografías a cor das obras do Museo de Man, intercalando textos críticos nos que se aborda a súa análise e o contexto artístico no que se inscriben. O volume, ademais, inclúe, un primeiro achegamento biográfico sobre unha figura artística que se pretende reivindicar, reclamando a urxencia de recuperar e poñer en valor o legado do seu museo.
Ficha técnica
Editorial: Xerais
ISBN: 9788497824644
Idioma: Gallego
Número de páginas: 140
Encuadernación: Tapa dura
Fecha de lanzamiento: 22/09/2006
Año de edición: 2006
Plaza de edición: Vigo
Especificaciones del producto
Escrito por XOAN ABELEIRA
Xoán Abeleira, fillo de emigrantes galegos, nace en Maracay, Venezuela, en 1963. Aos dez anos instálase coa súa familia en Madrid, onde cursa diversos estudos e se inicia como poeta, narrador, tradutor, xornalista, músico, guionista e director teatral. En 1999, decidido a comprometerse ética e profesionalmente coa lingua e mais a cultura dos seus, trasládase a Galicia. Desde entón publicou en galego dous poemarios (Animais Animais e As nosas sombras no Xardín de Serralves), un ensaio lírico e fotográfico verbo do artista Manfred Gnädinger (A pegada de Man, Xerais 2006 ), os catro primeiros volumes da serie para nenos As aventuras de Nunavut (Xerais, 2003) , dúas traducións (Porca terra, de John Berger, e O viaxeiro astral, de Jack London) e un cento de artigos e colaboracións nos xornais El País, La Opinión de A Coruña e Galicia Hoxe. Arestora coordina o proxecto multidisciplinar Fuso Negro e participa nas accións do Grupo Surrealista Galego.