GALLEGO
A REBELION MUNICIPAL: UNHA ESPERANZA PARA GALICIA
Descatalogado por distribuidor
Actualmente el distribuidor ha dejado de editar este producto pero podemos avisarte por correo electrónico si vuelve a estar disponible. Para esto, introduce tu email y pulsa sobre el botón “Avísame”.
¿Quieres que te avisemos si lo volvemos a recibir?
Sinopsis
?A rebelión municipal. Unha esperanza para Galicia? é un libro que nace para a reflexión e o cambio. Amosando feitos e cifras reiterativas dificilmente cuestionables. Expoñendo conductas e políticas nas que afloran valores e xeitos de facer colectivos. Espindo outra vez ó municipalismo galego e os trazos básicos que o caracterizan: orzamentos raquíticos, dependencias estructurais, clientelismos múltiples, urbanismo feble ou inexistente, xestión manifestamente mellorable, escaso investimento en capital humano, competencias diminuídas, reducida dimensión política. Por iso este libro de Xoaquín Álvarez Corbacho, conselleiro (Área de Corporacións Locais) do Consello de Contas de Galicia, defende unha tese rotunda, clara, explícita que se pode resumir nos seguintes termos. A agonía do municipalismo galego é o alto prezo a pagar polo desenvolvemento de estratexias múltiples que os gobernos autonómico e provincial levan a cabo para reproducirse no poder. Son estratexias fundamentadas en mecanismos de subordinación e de rendicións sen fin. Repartindo subvencións e axudas xenerosas con criterios ideolóxicos e incentivando a irresponsabilidade fiscal. En ambos casos redúcese a autonomía política e dánase profundamente a relación democrática. O municipio atrofia así a súa xenuína dimensión político-institucional e convértese en instrumento electoral ou partidario. A presencia de redes clientelares espalladas ou consolidadas ten na súa institución municipal o derradeiro elo que garante a súa eficacia e funcionalidade.Esta obra é unha guía imprescindible para coñecer os novos vieiros que debe percorrer o novo municipalismo galego. A reforma das facendas locais, os cambio no seu tipo de financiamento e solvencia financieira e no ámbito urbanístico, o desenvolvemento do pacto local son, entre outros, os aspectos que se abordan con claridade e rigor neste libro, especialmente dirixido a todas aquelas persoas vencelladas co municipalismo.
Ficha Técnica
Editorial: Xerais
ISBN: 9788475071848
Idioma: Gallego
Número de páginas: 192
Tiempo de lectura: 4h 31m
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 09/05/2003
Año de edición: 2003
Plaza de edición: Vigo
Peso: 277.0 gr
Especificaciones del producto
Recibe novedades de XOAQUIN ALVAREZ CORBACHO directamente en tu email
Reseñas sobre A REBELION MUNICIPAL: UNHA ESPERANZA PARA GALICIA
Comparte tu experiencia con la comunidad lectora.
0 Reseñas
5 0
4 0
3 0
2 0
1 0
Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en
20€
Publicar una opinión supone haber leído y aceptado las
bases del sorteo
"Tu opinión tiene premio".
Los libros más vendidos esta semana