📗 Libro en gallego A REPRESION LINGÜISTICA EN GALIZA NO SECULO XX

APROXIMACIÓN CUALITATIVA Á SITUACIÓN SOCIOLINGUÍSTICA DE GALIZA

Edicións Xerais - 9788497826938

Literatura en gallego Narrativa en gallego

Sinopsis de A REPRESION LINGÜISTICA EN GALIZA NO SECULO XX

Nun momento en que desde algúns sectores minoritarios da sociedade se pide a derrogación da Lei de Normalización Lingüística, en nome da liberdade, se pretende revogar o decreto polo que se regula o uso e promoción do galego no sistema educativo, ou mesmo se propón lexislar para protexer o castelán fronte á imposición das outras linguas españolas, este libro da profesora María Pilar Freitas Juvino, ven a demostrar que se houbo unha lingua reprimida e perseguida en Galicia esta foi o galego. A represión lingüística en Galiza no século XX sitúase no contexto do contacto, substitución e morte de linguas como resultado, na maioría dos casos, dun proceso de imperialismo lingüístico. Fronte a isto, deféndese o ecoloxismo das linguas como unha caracterización arrequecedora, inherente ao ser humano e necesaria para a súa supervivencia.Neste libro realízase unha exhaustiva análise das innúmeras agresións sufridas pola lingua galega ao longo do século XX, desde a lexislación emanada polo poder para lograr a imposición do castelán en todo o territorio nacional, ata o desmantelamento de institucións culturais, a persecución dos galeguistas ou a desprezo e a burla sufrida polos galegofalantes. Ademais, analízase a actitude de institucións como a Real Acaemia Galega ou a Igrexa con respecto da lingua de Galicia. Finalmente, investígase acerca de como esta realidade sociolingüística se viu plasmada na literatura galega, pois a literatura funciona como un espello no que se reflicte, non só a persecución e o desprezo ao galego, senón o complexo de inferioridade que estas actitudes prexuizosas xeraron na sociedade.Nun momento en que desde algúns sectores minoritarios da sociedade se pide a derrogación da Lei de Normalización Lingüística, en nome da liberdade, se pretende revogar o decreto polo que se regula o uso e promoción do galego no sistema educativo, ou mesmo se propón lexislar para protexer o castelán fronte á imposición das outras linguas españolas, este libro da profesora María Pilar Freitas Juvino, ven a demostrar que se houbo unha lingua reprimida e perseguida en Galicia esta foi o galego. A represión lingüística en Galiza no século XX sitúase no contexto do contacto, substitución e morte de linguas como resultado, na maioría dos casos, dun proceso de imperialismo lingüístico. Fronte a isto, deféndese o ecoloxismo das linguas como unha caracterización arrequecedora, inherente ao ser humano e necesaria para a súa supervivencia.Neste libro realízase unha exhaustiva análise das innúmeras agresións sufridas pola lingua galega ao longo do século XX, desde a lexislación emanada polo poder para lograr a imposición do castelán en todo o territorio nacional, ata o desmantelamento de institucións culturais, a persecución dos galeguistas ou a desprezo e a burla sufrida polos galegofalantes. Ademais, analízase a actitude de institucións como a Real Acaemia Galega ou a Igrexa con respecto da lingua de Galicia. Finalmente, investígase acerca de como esta realidade sociolingüística se viu plasmada na literatura galega, pois a literatura funciona como un espello no que se reflicte, non só a persecución e o desprezo ao galego, senón o complexo de inferioridade que estas actitudes prexuizosas xeraron na sociedade.

Ficha técnica


Editorial: Edicións Xerais

ISBN: 9788497826938

Idioma: Gallego

Número de páginas: 864
Tiempo de lectura:
20h 45m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 18/04/2008

Año de edición: 2008

Plaza de edición: Es

Colección:
OBRAS DE REFERENCIA - XERAIS UNIVERSITARIA - LINGUA E LITERATURA

Alto: 21.0 cm
Ancho: 13.0 cm
Grueso: 4.3 cm
Peso: 842.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por MARIA PILAR FREITAS


Mª Pilar Freitas Juvino (Campo Lameiro, 1960) é liceciada en Filoloxía Románica e doutora en Filoloxía Galega. Desde hai varios anos vén exercendo a docencia como profesora de ensino secundario no IES Valle Inclán de Pontevedra. O seu interese investigador céntrase no estudo e defensa da diversidade lingüística e no ecoloxismo das linguas, achegándose aos procesos de conservación e normalización lingüística, nomeadamente do galego, como solución ao drama da substitución e morte das linguas. A represión lingüística en Galiza no século XX é o resultado da súa tese de doutoramento, dirixida polo profesor Anxo Lorenzo e defendida no Universidade de Vigo en decembro de 2006.
Descubre más sobre MARIA PILAR FREITAS
Recibe novedades de MARIA PILAR FREITAS directamente en tu email

Opiniones sobre A REPRESION LINGÜISTICA EN GALIZA NO SECULO XX


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana