A VELOCIDADE DO FRIO (PREMIO XERAIS DE NOVELA 1996)

Edicións Xerais - 9788483020685

Literatura en gallego Narrativa en gallego

Sinopsis de A VELOCIDADE DO FRIO (PREMIO XERAIS DE NOVELA 1996)

A velocidade do frío é unha novela feita sen contemplacións, que pode tanto resultarlle aborrecible ó lector nunha primeira aproximación como doada e comprensible, pero dificilmente, en ningún dos casos, vai provocar indiferencia, porque as súas voces, as voces que se van facendo cargo do relato ó longo das 296 páxinas, sexan as dos protagonistas principais en forma de monólogo interior, ou sexa a do narrador en terceira persoa omnisciente -na segunda parte da novela- resoan todas, como di o propio Seixas, dende un recanto interior, autente, visceral e, dende logo, nada frío.Esta novela foi escrita sen filtros formais, de xeito que o seu autor aborda unha historia singular, especialmente orixinal, sen preocuparse de cometer excesos nas recorrencias expresivas, procurando o cerne das accións e reflexións dos seus personaxes mesmo a expensas de calquera estilo previsible ou supostamente correcto e decoroso. Aquí vaise ó directo sen miramentos. Aquí nárrase unha historia, que impregna a mente do lector con imaxes ben definidas, aínda que, por suposto, abertas á recreación personalizada.En A velocidade do frío hai moito instinto criminal e polo tanto moita culpa, porque, de partida, os seres humanos viven na frustración, atrapados polas turbias consecuencias do seu baleiro interior e dos seus impulsos irracionais. Os únicos que non sofren por darlle satisfacción ó seu instinto asasino -maquinal- son o coches, que aparecen nesta novela como seres malignos dotados dunha vontade allea a toda moral. Pero quizais os coches, inimigos dos seres humanos, non sexan outra cousa que a expresión dun estilo de vida baseado no consumo, na supervivencia individual egoísta e insolidaria, na crúa oposición de intereses materiais, no culto ás aparencias e na falta total de sentimentos.A velocidade do frío é unha novela feita sen contemplacións, que pode tanto resultarlle aborrecible ó lector nunha primeira aproximación como doada e comprensible, pero dificilmente, en ningún dos casos, vai provocar indiferencia, porque as súas voces, as voces que se van facendo cargo do relato ó longo das 296 páxinas, sexan as dos protagonistas principais en forma de monólogo interior, ou sexa a do narrador en terceira persoa omnisciente -na segunda parte da novela- resoan todas, como di o propio Seixas, dende un recanto interior, autente, visceral e, dende logo, nada frío.Esta novela foi escrita sen filtros formais, de xeito que o seu autor aborda unha historia singular, especialmente orixinal, sen preocuparse de cometer excesos nas recorrencias expresivas, procurando o cerne das accións e reflexións dos seus personaxes mesmo a expensas de calquera estilo previsible ou supostamente correcto e decoroso. Aquí vaise ó directo sen miramentos. Aquí nárrase unha historia, que impregna a mente do lector con imaxes ben definidas, aínda que, por suposto, abertas á recreación personalizada.En A velocidade do frío hai moito instinto criminal e polo tanto moita culpa, porque, de partida, os seres humanos viven na frustración, atrapados polas turbias consecuencias do seu baleiro interior e dos seus impulsos irracionais. Os únicos que non sofren por darlle satisfacción ó seu instinto asasino -maquinal- son o coches, que aparecen nesta novela como seres malignos dotados dunha vontade allea a toda moral. Pero quizais os coches, inimigos dos seres humanos, non sexan outra cousa que a expresión dun estilo de vida baseado no consumo, na supervivencia individual egoísta e insolidaria, na crúa oposición de intereses materiais, no culto ás aparencias e na falta total de sentimentos.

Ficha técnica


Editorial: Edicións Xerais

ISBN: 9788483020685

Número de páginas: 293

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 30/12/1996

Año de edición: 1996

Plaza de edición: Es

Colección:
EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA

Alto: 21.0 cm
Ancho: 13.0 cm
Grueso: 2.2 cm
Peso: 380.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por Manuel Seixas


Manuel Seixas (Manuel García Seixas) (Vilagarcía, 1961) é profesor de filosofía, pai, compañeiro, escritor, músico, proxecto de home digno. Como poeta publicou Vestixios do verme (1999) e Diario de Ausencias (2001). Debutou como narrador co libro de relatos Viñeron do espacio interior (1996), ao que seguiron as novelas A velocidade do frío (1996), Premio Xerais; Bailarina (Xerais, 1999), e Interferencias (Xerais, 2015). Ademais publicou o ensaio incluído no libro A memoria de Vilagarcía (Xerais, 2003). Como músico co grupo Korosi dansas editou os cedés Cordura (1995) e Non! (1996). Un conxunto de temas baseados na súa novela A velocidade do frío foron musicados por el para o CD homónimo, editado en 1997. Outro cedé en solitario foi Presentimento (2001). Co grupo Neuroband editou Microse (In memoriam Roberto Camba, 2004), Proceso Amniótico (2011) e Verde (2015). Creación, vida, obra, colaboracións, proxectos e participación interactiva poden atoparse no seu espazo web: www.manuelseixas.com
Descubre más sobre Manuel Seixas
Recibe novedades de Manuel Seixas directamente en tu email

Opiniones sobre A VELOCIDADE DO FRIO (PREMIO XERAIS DE NOVELA 1996)


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana