A velocidade do frío é unha novela feita sen contemplacións, que pode tanto resultarlle aborrecible ó lector nunha primeira aproximación como doada e comprensible, pero dificilmente, en ningún dos casos, vai provocar indiferencia, porque as suas voces, as voces que se van facendo cargo do relato o longo das 296 paxinas, sexan as dos protagonistas principais en forma de monologo interior, ou sexa a do narrador en terceira persoa omnisciente -na segunda parte da novela- resoan todas, como di o propio Seixas, dende un recanto interior, autente, visceral e, dende logo, nada frio.Esta novela foi escrita sen filtros formais, de xeito que o seu autor aborda unha historia singular, especialmente orixinal, sen preocuparse de cometer excesos nas recorrencias expresivas, procurando o cerne das accions e reflexions dos seus personaxes mesmo a expensas de calquera estilo previsible ou supostamente correcto e decoroso. Aqui vaise o directo sen miramentos. Aqui narrase unha historia, que impregna a mente do lector con imaxes ben definidas, ainda que, por suposto, abertas a recreacion personalizada.En A velocidade do frio hai moito instinto criminal e polo tanto moita culpa, porque, de partida, os seres humanos viven na frustracion, atrapados polas turbias consecuencias do seu baleiro interior e dos seus impulsos irracionais. Os unicos que non sofren por darlle satisfaccion o seu instinto asasino -maquinal- son o coches, que aparecen nesta novela como seres malignos dotados dunha vontade allea a toda moral. Pero quizais os coches, inimigos dos seres humanos, non sexan outra cousa que a expresion dun estilo de vida baseado no consumo, na supervivencia individual egoista e insolidaria, na crua oposicion de intereses materiais, no culto as aparencias e na falta total de sentimentos.A velocidade do frío é unha novela feita sen contemplacións, que pode tanto resultarlle aborrecible ó lector nunha primeira aproximación como doada e comprensible, pero dificilmente, en ningún dos casos, vai provocar indiferencia, porque as suas voces, as voces que se van facendo cargo do relato o longo das 296 paxinas, sexan as dos protagonistas principais en forma de monologo interior, ou sexa a do narrador en terceira persoa omnisciente -na segunda parte da novela- resoan todas, como di o propio Seixas, dende un recanto interior, autente, visceral e, dende logo, nada frio.Esta novela foi escrita sen filtros formais, de xeito que o seu autor aborda unha historia singular, especialmente orixinal, sen preocuparse de cometer excesos nas recorrencias expresivas, procurando o cerne das accions e reflexions dos seus personaxes mesmo a expensas de calquera estilo previsible ou supostamente correcto e decoroso. Aqui vaise o directo sen miramentos. Aqui narrase unha historia, que impregna a mente do lector con imaxes ben definidas, ainda que, por suposto, abertas a recreacion personalizada.En A velocidade do frio hai moito instinto criminal e polo tanto moita culpa, porque, de partida, os seres humanos viven na frustracion, atrapados polas turbias consecuencias do seu baleiro interior e dos seus impulsos irracionais. Os unicos que non sofren por darlle satisfaccion o seu instinto asasino -maquinal- son o coches, que aparecen nesta novela como seres malignos dotados dunha vontade allea a toda moral. Pero quizais os coches, inimigos dos seres humanos, non sexan outra cousa que a expresion dun estilo de vida baseado no consumo, na supervivencia individual egoista e insolidaria, na crua oposicion de intereses materiais, no culto as aparencias e na falta total de sentimentos.
Ver más