Neste libro recóllense as experiencias e sensacións que deixou escritas o artilleiro Ceferino Pereira de la Fuente nos seus diarios de campaña e nas cartas enviadas á familia durante a Guerra Civil española, desde mediados do mes de abril de 1937 até xullo de 1939. Existen poucos diarios coma este que documenten a Guerra Civil desde a perspectiva dun soldado na fronte durante un período de tempo tan longo e de xeito tan ininterrompido. Uns diarios nos cales non hai nada ficticio, xa que gozan da frescura e da valiosa inmediatez de seren achegados desde o mesmo momento en que sucederon os feitos. A través do seu testemuño puntual e verídico, convertémonos en espectadores da realidade da guerra, das emocións e condicións cotiás do combatente (que comían, como vivían, o que cobraban e gastaban, o aburrimento en ocasións, as vivencias cos compañeiros...), un aspecto ao que cada vez se lle presta máis atención. Doutra banda, o libro non é só a transcrición concisa do diario, senón que tamén explica en que condicións se escribiu e como se estrutura. Ademais, ofrece contextualización de interese sobre moitos dos aspectos máis escuros da guerra (os familiares, os compañeiros, os oficiais do exército e outros personaxes mencionados), así como sobre algunhas accións bélicas, os cambios nas frontes do conflito ou localizacións xeográficas... Este testemuño, todo un exercicio de memoria histórica, contribúe ao coñecemento de aspectos escasamente investigados sobre a Guerra Civil española.
Ficha técnica
Editorial: Edicións Xerais
ISBN: 9788411105019
Idioma: Gallego
Número de páginas: 512
Tiempo de lectura:
12h 15m
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 21/03/2024
Año de edición: 2024
Plaza de edición: Es
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - CRÓNICA - Lingua
EDICIÓN LITERARIA - CRÓNICA - Lingua
Alto: 22.0 cm
Ancho: 14.5 cm
Grueso: 3.3 cm
Peso: 755.0 gr
Especificaciones del producto
Escrito por Fernando Pereira Bueno
Fernando Pereira Bueno, licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela na especialidade de Historia da Arte, traballou como profesor de Ciencias Sociais na Educación Secundaria en Vigo. Os seus estudos relaciónanse fundamentalmente coa historia das ensinanzas e institucións artísticas na nosa comunidade e coa historia das mulleres galegas no período contemporáneo. É coautor de varias publicacións sobre o tema, entre as que destacan: «Historia de la Escuela de Artes y Oficios de Santiago de Compostela» (1988), «El origen de las Escuelas de Artes y Oficios de Galicia: el caso compostelano» (1990), «Un testimonio sobre los comienzos de la enseñanza académica del dibujo en Galicia» (1993), «O ensino das Artes »(1997). Tamén é autor de «A presenza das mulleres pintoras na arte galega: 1858-1936» (2004) e «Rosalía de Castro, imaxe e realidade» (Xerais, 2014), sobre a representación icónica da poeta a partir de pinturas, debuxos e outras técnicas artísticas. «A viaxe de meu pai. Notas e cartas desde a fronte de guerra (1937-1939)» (Xerais, 2024) é o seu libro máis recente.