Fernando Pereira Bueno (Santiago de Compostela, 1957), licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela na especialidade de Historia da Arte, é profesor de Ciencias Sociais no IES Carlos Casares de Vigo. Publicou varios traballos relacionados coa historia das ensinanzas e institucións artísticas na nosa comunidade e sobre a presenza das mulleres pintoras na arte galega.
Recibe novedades de FERNANDO PEREIRA BUENO directamente en tu email
Este libro constitúe o primeiro estudo iconográfico dedicado a Rosalía de Castro e pertence a un xénero bibliográfico un tanto distinto, que poderiamos chamar iconografía documental. Nel analízanse algunhas das interpretacions que da imaxe e do espirito da poeta fixeron os artistas plasticos de distintas epocas que axudaron a identificala plenamente. A traves da lectura das representacions iconograficas rosalianas, mostranse as suas multiples facetas (Rosalia a lapis e a oleo; Rosalia en cor ou en branco e negro; Rosalia como retrato realista ou caricatura; Rosalia como musa ou como simbolo...), procurando conxugar a calidade do retrato co seu caracter representativo e coa diversidade formal e tratando, ao mesmo tempo, de darlle unha verdadeira historicidade que vaia mais ala dos lugares comuns preponderantes nos ultimos anos.Unha escolma de retratos coa finalidade de que o estudoso ou o interesado por esta cuestion dispoña dun repertorio util e axeitado para examinar as diversas modalidades que os artistas tentearon ao longo dos anos. Todo o material iconico que xerou a poeta contribuiu e contribue a que a sua figura sobreviva no tempo e alcance unha maior popularidade e visibilidade. E isto e importante, pero o mais interesante do fenomeno Rosalia e que esta imaxe parece ter hoxe unha vixencia inusual, chegando a converterse, sen dubida, nunha peza fundamental do noso imaxinario colectivo, na maior icona visual de Galicia.Este libro constitúe o primeiro estudo iconográfico dedicado a Rosalía de Castro e pertence a un xénero bibliográfico un tanto distinto, que poderiamos chamar iconografía documental. Nel analízanse algunhas das interpretacions que da imaxe e do espirito da poeta fixeron os artistas plasticos de distintas epocas que axudaron a identificala plenamente. A traves da lectura das representacions iconograficas rosalianas, mostranse as suas multiples facetas (Rosalia a lapis e a oleo; Rosalia en cor ou en branco e negro; Rosalia como retrato realista ou caricatura; Rosalia como musa ou como simbolo...), procurando conxugar a calidade do retrato co seu caracter representativo e coa diversidade formal e tratando, ao mesmo tempo, de darlle unha verdadeira historicidade que vaia mais ala dos lugares comuns preponderantes nos ultimos anos.Unha escolma de retratos coa finalidade de que o estudoso ou o interesado por esta cuestion dispoña dun repertorio util e axeitado para examinar as diversas modalidades que os artistas tentearon ao longo dos anos.Todo o material iconico que xerou a poeta contribuiu e contribue a que a sua figura sobreviva no tempo e alcance unha maior popularidade e visibilidade. E isto e importante, pero o mais interesante do fenomeno Rosalia e que esta imaxe parece ter hoxe unha vixencia inusual, chegando a converterse, sen dubida, nunha peza fundamental do noso imaxinario colectivo, na maior icona visual de Galicia.
Neste libro recóllense as experiencias e sensacións que deixou escritas o artilleiro Ceferino Pereira de la Fuente nos seus diarios de campaña e nas cartas enviadas á familia durante a Guerra Civil española, desde mediados do mes de abril de 1937 ate xullo de 1939. Existen poucos diarios coma este que documenten a Guerra Civil desde a perspectiva dun soldado na fronte durante un periodo de tempo tan longo e de xeito tan ininterrompido. Uns diarios nos cales non hai nada ficticio, xa que gozan da frescura e da valiosa inmediatez de seren achegados desde o mesmo momento en que sucederon os feitos. A traves do seu testemuño puntual e veridico, convertemonos en espectadores da realidade da guerra, das emocions e condicions cotias do combatente (que comian, como vivian, o que cobraban e gastaban, o aburrimento en ocasions, as vivencias cos compañeiros...), un aspecto ao que cada vez se lle presta mais atencion. Doutra banda, o libro non e so a transcricion concisa do diario, senon que tamen explica en que condicions se escribiu e como se estrutura. Ademais, ofrece contextualizacion de interese sobre moitos dos aspectos mais escuros da guerra (os familiares, os compañeiros, os oficiais do exercito e outros personaxes mencionados), asi como sobre algunhas accions belicas, os cambios nas frontes do conflito ou localizacions xeograficas... Este testemuño, todo un exercicio de memoria historica, contribue ao coñecemento de aspectos escasamente investigados sobre a Guerra Civil española.