📗 Libro en gallego A VIXILIA DO BOSQUE

Faktoría K de Libros - 9788419213518

Literatura en gallego Poesía en gallego

Sinopsis de A VIXILIA DO BOSQUE

Neste outro título inédito e de aparición póstuma fai o autor simultáneos os anos dunha soa existencia, estremecida e sensible, cos séculos todos do mundo, que bulen nas copas das árbores mentres as súas raíces descansan no infinito.

Ocorre, ese encontro da sensibilidade coa verdade, na hora en que o bosque flota entre o sono e o real agasallándolle epifanías a quen ten os sentidos alerta: é dicir, o poeta e, canda el, nós, os seus lectores. E os versos que Torneiro mediu pacientemente na báscula de precisión da Idea póñense ao servizo da Vida.

E instálannos na festa da fala, e dispóñennos para a loita contra o esquecemento, e comprométennos á fin coa defensa da beleza necesaria. Axúdannos así a rectificar, ao abeiro da lectura e co guieiro da mellor poesía, a eternidade e un día da nosa condena a ser homes e mulleres, transformándoa, celebrativamente, no agasallo da eternidade e un día de sermos mulleres e homes únicos e irrepetibles. Na vixilia do bosque, territorio do soño, república da palabra. Coa dose xusta da harmonía posible.


Ficha técnica


Ilustrador: Emérita Méndez

Editorial: Faktoría K de Libros

ISBN: 9788419213518

Idioma: Gallego

Número de páginas: 88

Encuadernación: Tapa dura

Fecha de lanzamiento: 16/05/2024

Año de edición: 2024

Plaza de edición: Pontevedra

Colección:
Tambo

Alto: 21.0 cm
Ancho: 14.5 cm
Grueso: 1.0 cm

Especificaciones del producto



Escrito por Manuel Álvarez Torneiro


Descubre más sobre Manuel Álvarez Torneiro
Recibe novedades de Manuel Álvarez Torneiro directamente en tu email

Opiniones sobre A VIXILIA DO BOSQUE


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana