Este libro conta anacos da vida dunha nena normal, pero non "completamente" normal. Adelaida é tremenda, como din os que a coñecen. Unha rapaza espilida, curiosa e con poderes un pouco estraños. Adelaida ten un bo compañeiro de aventuras no seu curmán Henrique, moi afeccionado a internarse nas fragas e a facer amigos entre os seres que nelas habitan. Por estas páxinas anda tamén a familia dos dous rapaces. E unha mestra, e un alcalde, e un garda municipal, e ata un santo...
Ficha técnica
Editorial: Editorial Galaxia, S.A.
ISBN: 9788498650570
Idioma: Gallego
Número de páginas: 154
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 18/06/2008
Año de edición: 2008
Plaza de edición: Es
Colección:
Árbore a partir de 10 anos
Árbore a partir de 10 anos
Número: 87
Alto: 20.0 cm
Ancho: 13.0 cm
Especificaciones del producto
Escrito por Xabier Puente Docampo
Xabier P. DoCampo (Rábade, 1946 - A Coruña, 2018). Mestre e escritor, é autor dunha extensa obra narrativa, en boa parte traducida ás linguas peninsulares. Mereceu o Premio da Feira do Libro da Coruña (1989), o Premio Irmandade do Libro ao Autor do Ano 2009 e A Letra E da AELG en 2014. Entre as súas obras máis destacadas están as seguintes: «O armario novo de Rubén» (Xerais 1989); «A nena de auga e o príncipe de lume» (Xerais 1990-2012); «A casa do porco bravo e Roxelio e a couza» (Xerais 1991); «Adelaida, Henrique e demais familia» (1996); «Nube de neve» (2000), «¿Víchela, víchela?» (2001), «Os ollos de Ramón» (2001), «A decisión de Valerio» (Xerais 2005), «O misterio das badaladas» (1986, Xerais 2011), novela; «Cun ollo aberto e outro sen cerrar» (1987), relatos; «A chave das noces» (1988, Xerais 2018), novela; «O país adormentado» (Xerais 1993, 2012), novela; «Cando petan na porta pola noite» (Xerais 1994), relatos, Premio Rañolas ao mellor libro do ano, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil (1995), Lista de Honra do IBBY (1996); «O pazo baleiro» (1997, Xerais 2002), novela; «O home que inventou unha maneira de andar» (1998), novela; «Catro cartas» (2000, Xerais 2020), relatos; «Un conto de tres noites» (Xerais 2001), relatos; «A casa da luz» (Xerais 2002), novela; «O libro das viaxes imaxinarias» (Xerais 2008), Premio Isaac Díaz Pardo ao Libro Ilustrado do Ano 2008, Premio Asociación de Escritores en Lingua Galega 2008 e Premio Fervenzas Literarias ao Mellor Libro Xuvenil, 2008; «A illa de todas as illas» (Xerais 2013), novela, «A nena do abrigo de astracán» (Xerais 2017), novela, Premio Gala do Libro Galego 2018, e «Contos de obxectos» (Xerais 2021), relatos.