Sinopsis de AI FILOMENA, FILOMENA! E OUTROS CONTOS
Este libro de relatos breves e sorprendentes, publicado
por primeira vez en 1977, foi a primeira obra de Miquel Obiolsquen, cos anos, seguiu fiel ao seu estilo transgresor, rebelde
e provocador, fronte a certa tendencia paternalista da literaturainfantil, moralista e didáctica. Coa fantasía e coa imaxinación
como eixes creativos, Ai, Filomena, Filomena! está cheo deexercicios lingüísticos, caligramas e brincadeiras de palabras."Interésame a escritura como experimento, gústame recrear
temas, xogar coa linguaxe", chegou a dicir Obiols sobre este
volume innovador e atemporal. Inspirado por Lewis Carroll,Gianni Rodari e as técnicas do grupo OuLiPo (Ouvroir
de Littérature Potentielle), o autor constrúe historiascun enxeño desbordante e cunha linguaxe sinxela, aínda que
coidada e estudada. O resultado son oito contos sorprendentesque divirten dende o absurdo e o surrealismo.