Suy e Lawen son xemelgos. Suy ten alma de bolboreta e Lawen de elefante. Ou iso di a velliña Champey. A Suy parécelle imposible: el é máis forte e sempre coidou da súa irmá xemelga. Lawen é distinta das outras nenas: cústalle expresar os seus sentimentos e ponse nerviosa coas situacións novas. El debería ser o elefante! Pero ás veces as cousas non son o que parecen. Ás veces os tesouros teñen catro patas. E só as bolboretas voan o suficientemente alto para atopalos.
Ficha técnica
Ilustrador: Jordi Solano
Editorial: Edicións Xerais
ISBN: 9788411102377
Idioma: Gallego
Número de páginas: 168
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 19/01/2023
Año de edición: 2023
Plaza de edición: Es
Colección:
Sopa de Libros Verde 10 Años
Sopa de Libros Verde 10 Años
Serie/Saga: SOPA DE LIBROS VERDE 10 AÑOS
Alto: 19.5 cm
Ancho: 13.0 cm
Grueso: 1.5 cm
Peso: 223.0 gr
Especificaciones del producto
Escrito por Andrea Maceiras
Andrea Maceiras (A Coruña, 1987) é licenciada en Filoloxía Galega, Filoloxía Hispánica e doutora pola Universidade da Coruña, onde exerce actualmente como docente na Facultade de Ciencias da Educación. Publicou a súa primeira novela, "Proxecto Bolboreta" (I Certame de Micronovela do Concello de Soutomaior) no ano 2007. Desde entón leva publicados dezaoito títulos destinados ao público infantil e xuvenil, moitos deles recoñecidos con premios e traducidos a diversas linguas. En 2010 obtivo o Premio Meiga Moira con "Violeta Tamurana", galardón que volveu acadar en 2014 con "Miña querida Sherezade". A súa novela "Nubes de evolución" (2013) foi finalista do Premio Fundación Novacaixagalicia e obtivo o Premio Fervenzas Literarias. Con "Volverás, golfiño" (2014) quedou finalista do Premio Merlín de 2013. En 2015 gañou o Premio Jules Verne e mais o Fervenzas Literarias con "Europa Express", e en 2017 foi finalista do Premio Raíña Lupa con "O que sei do silencio". A súa obra "Conta nove estrelas" (2019) valeulle o Premio Lazarillo, o Frei Martín Sarmiento, así como a inclusión na Lista de Honra da OEPLI. En 2020 obtivo o Premio Merlín con "A folla azul", e foi recoñecida co Premio dos Clubs de Lectura da Consellería de Educación. No ano 2021 gañou o Premio Raíña Lupa con "Que me pare o corazón se te esquezo", obra tamén recomendada pola Fundación Cuatrogatos. En 2022 recibiu o XIX Premio Anaya de Literatura con "Alma de elefante", novela recoñecida tamén co Premio A de Literatura Infantil da Asociación Colegial de Escritores de España e o Grupo de Investigación LIJ da Universidad Complutense de Madrid. En 2023 publicou "Niño y jaguar" e "Burbullas de calma serena", coa que obtivo o Premio Follas Novas. Nese mesmo ano gañou o XLI Concurso de Narrativa Infantil Vila d'Ibi con "El enigma de Siempreviva" e en 2024 publicou "El silbido de la sombra", novela finalista do XVI Premio El Templo de las Mil Puertas. En 2025 obtivo, por segunda vez, o Premio Jules Verne con "O corvo sobre a neve".