Álvaro, un neno fraco, gafotas e despistado, nun día de excursión cos seus compañeiros de clase caeu nun furado da Cova do Rei Cintolo. Dende entón ten que sufrir a existencia doutro individuo que é verdadeiramente igual a el, en todas as cousas e en todas as circunstancias, coma se fose o seu xemelgo ou a súa imaxe no espello. Álvaro comprobará que o suplanta na súa casa, que lle rouba o seu sitio, os seus xoguetes, e, mesmo, o cariño dos seus pais. Mais ó verdadeiro Álvaro ninguén o cre, coa excepción da súa irmá que desconfía do novo. Outra historia fantástica inesquecible do escritor Xosé Miranda narrada con grande sinxeleza, eficacia e humor. Patricia Castelao, unha das revelacións da nova ilustración galega, dá vida a este simpático personaxe.
Ficha técnica
Ilustrador: Patricia Castelao
Editorial: Edicións Xerais
ISBN: 9788497822145
Idioma: Gallego
Número de páginas: 64
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 29/09/2004
Año de edición: 2004
Plaza de edición: Es
Colección:
INFANTIL E XUVENIL - MERLÍN - De 9 anos en diante
INFANTIL E XUVENIL - MERLÍN - De 9 anos en diante
Número: 144
Alto: 19.0 cm
Ancho: 13.5 cm
Grueso: 0.5 cm
Peso: 119.0 gr
Especificaciones del producto
Escrito por XOSE MIRANDA RUIZ
Xosé Miranda Ruíz (Lugo, 1955). Licenciado en Bioloxía. Profesor de bacharelato no Instituto Xoán Montes de Lugo. Narrador e poeta. Especialista en literatura de tradición oral. Como poeta ten publicado: Sonetosfera (1996), accésit do Premio Esquío 1995; Andantes e viaxeiros (1996), Premio Eusebio Lorenzo Baleirón 1995; Carozo azul (1997); Permiso para o corso (1997), Premio Esquío 1996. A súa poesía está reunida no volume As cidades mergulladas. (Poesía reunida 1973-2002) (Xerais 2003). Como narrador deuse a coñecer co relato Na terra sombría (1988), Premio Modesto Figueiredo; foron as súas obras posteriores: Historia dun paraugas azul (Xerais 1990, 2006), Premio de novela García Barros; A biblioteca da iguana (Xerais 1994, 2006), relatos; A neve e a cadeira (1994), relato longo; A tres bandas (Xerais 1995), novela policíaca; Vestío (1995, Xerais 2008), novela; Partenoxénese (1995), Premio de narrativa fantástica Xenciana, 1994; O demo á orella (Xerais 1996), relatos; «Seis medos» en Antoloxía do conto galego de medo (1996); Morning star (1998), Premio Xerais de novela; Infancia e desventura de Lino Carrán (2000), novela, Ariadna (Xerais 2002), novela; Pel de lobo (Xerais 2002), novela, Premio Merlín 2002; o relato "Tarxeta vermella" publicado en Materia prima (Xerais 2002) e Tarxeta vermella (Xerais 2003), relatos. Os seus contos de medo están recollidos nos volumes Triloxía pánica (Xerais 2000) e As mans do medo (Xerais 2007). Como autor de literatura infantil publicou: Lúa e os nubeiros (2000), O coello Federico (2000), Feitizo (Xerais 2001), Álvaro e Álvaro (Xerais 2004), Federico na silveira (Xerais 2006), ''Amancio Amigo e o meigo de Salamanca'' (Xerais 2006) e "Amancio Amigo e o Demo da Botella" (Xerais 2008). Tamén é coautor xunto con Antonio Reigosa e Xoán Ramiro Cuba do Diccionario dos seres míticos galegos (Xerais 1998) e dos vinte volumes dos contos da colección Cabalo Buligán (Xerais 1998-2003) recollidos da tradición oral. Así mesmo é co-autor dos volumes Contos colorados. Narracións eróticas da tradición oral galega (Xerais 2001), Pequena mitoloxía de Galicia (Xerais 2001), Cando os animais falaban (Xerais 2002), Antoloxía do conto galego de tradición oral (2002) e Arrepíos e outros medos (Xerais 2004) e A flor da auga (Xerais 2006), ambos os dous volumes pertencentes á serie "Lendas de Galicia".