"Arrepíos e outros medos" recolle cen historias de terror e fantasmas tiradas da tradición oral galega. Con este volume os autores, Xosé Miranda e Antonio Reigosa, inician un novo camiño na reelaboracion da literatura oral: o das lendas de Galicia. A lenda e un relato oral breve (cando menos nun principio) que toca crenzas da sociedade en que se conta, na que a veces aflora a presenza de seres miticos, e narrado sempre coa intencion de que sexa crido. A lenda leva, a par do argumento, alguns motivos que a fagan verosimil: un lugar concreto, proximo ou coñecido, e uns protagonistas relacionados co narrador ou co ointe, que serven de testemuñas de que o que se narra non e unha invencion. A lenda, pois, ainda que poida repetirse nun e noutro sitio, esta moi vencellada a un lugar.O presente volume, primeiro da coleccion LENDAS DE GALICIA de Edicions Xerais de Galicia, ten como fio condutor a presenza do medo, unha das emocions primixenias e mais fortes do ser humano. Lendas onde estan presentes lobos, bruxas, demos e trasnos, homes do saco, animas fantasmas e outros terrorificos individuos que teñen por funcion advertir dos riscos que se poden correr en determinados lugares, sexan camiños perigosos, fragas e bosques ou evitar a posible mala influenza de determinadas persoas. Cen lendas galegas reelaboradas e reescritas, a partir de testemuños orais, que pretende que o lector de hoxe goce coa experiencia literaria do medo."Arrepíos e outros medos" recolle cen historias de terror e fantasmas tiradas da tradición oral galega. Con este volume os autores, Xosé Miranda e Antonio Reigosa, inician un novo camiño na reelaboracion da literatura oral: o das lendas de Galicia. A lenda e un relato oral breve (cando menos nun principio) que toca crenzas da sociedade en que se conta, na que a veces aflora a presenza de seres miticos, e narrado sempre coa intencion de que sexa crido. A lenda leva, a par do argumento, alguns motivos que a fagan verosimil: un lugar concreto, proximo ou coñecido, e uns protagonistas relacionados co narrador ou co ointe, que serven de testemuñas de que o que se narra non e unha invencion. A lenda, pois, ainda que poida repetirse nun e noutro sitio, esta moi vencellada a un lugar.O presente volume, primeiro da coleccion LENDAS DE GALICIA de Edicions Xerais de Galicia, ten como fio condutor a presenza do medo, unha das emocions primixenias e mais fortes do ser humano. Lendas onde estan presentes lobos, bruxas, demos e trasnos, homes do saco, animas fantasmas e outros terrorificos individuos que teñen por funcion advertir dos riscos que se poden correr en determinados lugares, sexan camiños perigosos, fragas e bosques ou evitar a posible mala influenza de determinadas persoas. Cen lendas galegas reelaboradas e reescritas, a partir de testemuños orais, que pretende que o lector de hoxe goce coa experiencia literaria do medo.
Ver más