Marte é o Deus da guerra segundo a mitoloxía romana pero tamén é o Planeta Vermello porque dende a Terra recoñecese no ceo nocturno como un punto vermello brillante. Hai moitos millóns de anos terrícolas, Marte era un planeta estupendo para vivir, cheo de mares e praias... Alí vivían os avós de Anamarciana, Estrela e Ramonmarciano, pero a contaminación fixo que de convertera nun deserto vermello e os marcianos tiveron que emigrar. Anamarciana coñecerá Marte grazas ao seu avó que a levará de excursión no pote fotónico conducido polo robot Ambrosio IV."Anamarciana no planeta vermello" é a terceira entrega da serie "Anamarciana", a extraterrestre máis simpática da Galaxia, publicada na colección Merlín e escrita e debuxada Alberto Varela Ferreiro. Unha nova achega desta serie de ciencia ficción para primeiros lectores onde a ilustración infográfica destaca pola súa orixinalidade e pola súa capacidade para suxerir aos lectores espazos siderais.Marte é o Deus da guerra segundo a mitoloxía romana pero tamén é o Planeta Vermello porque dende a Terra recoñecese no ceo nocturno como un punto vermello brillante. Hai moitos millóns de anos terrícolas, Marte era un planeta estupendo para vivir, cheo de mares e praias... Alí vivían os avós de Anamarciana, Estrela e Ramonmarciano, pero a contaminación fixo que de convertera nun deserto vermello e os marcianos tiveron que emigrar. Anamarciana coñecerá Marte grazas ao seu avó que a levará de excursión no pote fotónico conducido polo robot Ambrosio IV."Anamarciana no planeta vermello" é a terceira entrega da serie "Anamarciana", a extraterrestre máis simpática da Galaxia, publicada na colección Merlín e escrita e debuxada Alberto Varela Ferreiro. Unha nova achega desta serie de ciencia ficción para primeiros lectores onde a ilustración infográfica destaca pola súa orixinalidade e pola súa capacidade para suxerir aos lectores espazos siderais.
Ficha técnica
Ilustrador: Alberto Varela Ferreiro
Editorial: Xerais
ISBN: 9788497822794
Idioma: Gallego
Número de páginas: 56
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 01/04/2005
Año de edición: 2005
Plaza de edición: Es
Colección:
Merlin
Merlin
Número: 152
Alto: 19.0 cm
Ancho: 13.5 cm
Grueso: 0.6 cm
Peso: 110.0 gr
Especificaciones del producto
Escrito por Alberto Varela Ferreiro
Alberto Varela Ferreiro é ilustrador, licenciado en Belas Artes pola Universidade de Barcelona na especialidade de Deseño. Actualmente traballa como deseñador gráfico, participa en exposicións e realiza traballos de fotografía dixital e vídeo. Colaborou na súa etapa universitaria en fanzines e revistas como «A Ameixa Cacofónica», «Taka de Tinta», «Gaudeaumus» ou «Trilateral», e logo na revista «Golfiño» (Xerais 2000-2001), onde publicou páxinas do seu heroe Xeixas Jhonson. Foi gañador de diversos certames de deseño e ilustración, como o 1º premio do concurso de cómic da Universidade Politécnica de Catalunya, o Premio Continuará da Facultade de Sant Jordi ou o Premio Curuxa do Museo do Humor de Fene. En Xerais, como autor-ilustrador ten publicados na colección Merlín tres volumes da súa serie infantil «Anamarciana»: «Anamarciana» (2000), «Anamarciana. Vacacións en Europa» (2003) e «Anamarciana no Planeta Vermello» (2005), e tres álbums na serie Merliño centrados na problemática ecolóxica e medioambiental: «Brrumm-Brrumm» (2004), «Lume!» (2007) e «Dona Landra no Río Revolto» (2009). En banda deseñada publicou «Ulf de Jakobsland. Os viquingos en Galicia» (2018), «Wolfram» (2020) e «Plus Ultra. Transición ao futuro» (2022).