Anamarciana, como o seu mesmo nome indica, vive no espacio, a moitos miles ou millóns de anos do noso planeta, nun sistema cheo de planetas de cores, redondos coma balóns. Anamarciana vive no planeta quintodereita do sistema bisolar, xunto coa súa vaca espacial Lolaescaiflai. Vive co seu irmán, Nanomarciano, e a súa nai Adelamarciana, dona dun negocio de exportación de asteroides de chocolate, quen pasa parte do día recolléndoos no seu aerotractor. Pero tamén alí, as rapazas teñen que axudar levando o gando a pastar entre as estrelas e ir á escola e facer excursións desde o Sistema Alfa-Bético ata o Sistema Decimal. Anamarciana é un libro de ciencia ficcción para os primeiros lectores, escrito e ilustrado por Alberto Varela Ferreira. Unha nova achega da colección Merlín, onde a ilustración infográfica destaca pola súa orixinalidade e pola súa capacidade para suxerir espacios de ciencia ficción.
Ficha técnica
Ilustrador: Alberto Varela Ferreiro
Editorial: Xerais
ISBN: 9788483025215
Idioma: Gallego
Número de páginas: 56
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 11/05/2001
Año de edición: 2000
Plaza de edición: Vigo
Peso: 100.0 gr
Especificaciones del producto
Escrito por Alberto Varela Ferreiro
Alberto Varela Ferreiro é ilustrador, licenciado en Belas Artes pola Universidade de Barcelona na especialidade de Deseño. Actualmente traballa como deseñador gráfico, participa en exposicións e realiza traballos de fotografía dixital e vídeo. Colaborou na súa etapa universitaria en fanzines e revistas como «A Ameixa Cacofónica», «Taka de Tinta», «Gaudeaumus» ou «Trilateral», e logo na revista «Golfiño» (Xerais 2000-2001), onde publicou páxinas do seu heroe Xeixas Jhonson. Foi gañador de diversos certames de deseño e ilustración, como o 1º premio do concurso de cómic da Universidade Politécnica de Catalunya, o Premio Continuará da Facultade de Sant Jordi ou o Premio Curuxa do Museo do Humor de Fene. En Xerais, como autor-ilustrador ten publicados na colección Merlín tres volumes da súa serie infantil «Anamarciana»: «Anamarciana» (2000), «Anamarciana. Vacacións en Europa» (2003) e «Anamarciana no Planeta Vermello» (2005), e tres álbums na serie Merliño centrados na problemática ecolóxica e medioambiental: «Brrumm-Brrumm» (2004), «Lume!» (2007) e «Dona Landra no Río Revolto» (2009). En banda deseñada publicou «Ulf de Jakobsland. Os viquingos en Galicia» (2018), «Wolfram» (2020) e «Plus Ultra. Transición ao futuro» (2022).