Unha rapaza e tres rapaces morren na madrugada dun sábado nun accidente de automóbil. Moncho, irmán de Anxós, a rapaza falecida, non quere aceptar as explicacións oficiais sobre a causa do accidente. Moncho entra no cuarto da súa irmá. Pasa de novo a ollada polo cuarto. Pero agora é diferente. Agora sabe que está a buscar algo. É coma un investigador, si, coma un detective que anda na procura de pegadas. Pero, en certo modo, coma un detective ó revés, porque o que Moncho busca non son as pegadas dun crime, senón pegadas dunha inocencia.
Ficha técnica
Editorial: Xerais
ISBN: 9788483021934
Idioma: Gallego
Número de páginas: 224
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 28/05/2001
Año de edición: 1997
Plaza de edición: Vigo
Colección:
Fora de Xogo
Fora de Xogo
Alto: 19.0 cm
Ancho: 13.0 cm
Especificaciones del producto
Escrito por Miguel Vázquez Freire
Miguel Vázquez Freire naceu en 1951, en Corcubión. Catedrático de Filosofía de ensino secundario, publicou numerosas obras no campo da literatura infantil e xuvenil, varias en colaboración con Xosé Tomás como ilustrador: O neno que tiña medo dos robots / O robot que tiña medo dos nenos (2007); María é maior (2007), Contos de Reis e de Nadal (2007), Xurxiño quere ser... (2010), O souto escuro e perigoso (2011) e Fadita fosca (2013). Pola obra de teatro A princesa Socorro, o trobeiro Carolo e o demo dos cornos, escrita en colaboración con Gloria Sánchez, recibiu o Premio Xacobeo de Teatro de Monicreques 1994. A novela xuvenil Anxos en tempos de chuvia (1997) mereceu formar parte da Lista de Honra do IBBY. En Galaxia publicou o ensaio sobre filosofía e teatro Estética e teatro (2006). As súas obras máis recentes son: Da Carapuchiña ao señor Lamote (2019), De Compostela a Braga e de Braga a Compostela. O Pío Latrocinio e outras vellas inimizades (2022) e O moucho voa. Filosofía en 28 conversas (2022).