📗 Libro en gallego ARQUITECTURA POPULAR EN GALICIA

XERAIS- 9788497824620

Arquitectura Historia de la arquitectura

Sinopsis de ARQUITECTURA POPULAR EN GALICIA

Arquitectura popular en Galicia é a nova edición dun libro clásico, publicado hai xa máis de vinte anos, que agora Xerais recupera, revisado e actualizado polo seu autor, o arquitecto Pedro de Llano. Trátase da edición dun título emblemático, varias veces esgotado, que hoxe se complementa con novos apartados que posibilitan unha lectura actual da arquitectura anónima que foi obxecto do estudo deste libro. A intención da nova edición que Xerais saca á luz é revitalizar esta apreciada e transcendental investigación para situar o rico acervo da arquitectura popular no noso actual contexto temporal, aceptando que se ben resulta incuestionable que, na súa globalidade, toda arquitectura deberá desaparecer unha vez esvaecidos os usos que lle deron vida, esas austeras construcións populares, que intelixentemente rehabilitadas poderían manter a súa funcionalidade como contedores de vida por un longo período de tempo, teñen aínda moitas cousas que ensinarnos. Co tratamento gráfico de Alfonso Salgado e fotografías de Juan Rodríguez, Arquitectura popular en Galicia afronta esta nova edición actualizada desde o convencemento de que, ao longo de todos estes anos, o libro logrou que medrase en Galicia o interese pola transcendencia cultural das edificacións anónimas, ás que Pedro de Llano dedicou un longo período da súa vida, buscando entre os seus muros os segredos da racionalidade. Por iso hoxe, a esta nova edición, o autor engádelle unha importante reflexión persoal sobre o interese da súa potencial rehabilitación e o posible proveito do seu estudo como base de apoio para o traballo creativo dos arquitectos

Ficha técnica


Editorial: Xerais

ISBN: 9788497824620

Idioma: Gallego

Número de páginas: 240

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 14/09/2006

Año de edición: 2006

Plaza de edición: Vigo

Especificaciones del producto



Escrito por Pedro de Llano Cabado


Descubre más sobre Pedro de Llano Cabado
Recibe novedades de Pedro de Llano Cabado directamente en tu email

Opiniones sobre ARQUITECTURA POPULAR EN GALICIA


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana