Este volume agrupa unha serie de artistas que foron claves no proceso renovador da escultura galega anterior á Guerra Civil de 1936, proceso paralelo ó renacer vangardista da xeración de Os Novos en pintura -a nosa particular xeración do 27, que se opón ó modernismo anterior- cuns protagonistas que ofrecen unha visión moderada desde posicións de linguaxe baseadas nunha tradición que se rebela contra o tópico costumista e admite a interferencia de determinadas realidades dos “ismos” contemporáneos, especialmente do Expresionismo ou das revisións figurativas do Cubismo. A xénese destes artistas haberá que buscala nunhas constantes que marcan a especificidade do seu traballo: na tradición, que se remonta ós canteiros castrexos e a tódolos traballadores da pedra, ós que tallaron a imaxinería popular de tímpanos, cruceiros, petos, capiteis, etc. O granito e a madeira serán os seus materiais básicos. As referencias formais ó Románico e ó Barroco son producto dunha investigación, ligada á propia orixe do que eles consideran identidade artística. Descubri-las esencias antropolóxicas do mundo rural, as raíces dunha cultura milenaria lévanos ó primitivismo que se reflicte no tratamento formal: o escultor é, ante todo, un bo psicólogo e afonda como tal na alma dese retrato intemporal que nos sitúa en Galicia e no mundo, á vez.
Ficha técnica
Editorial: Nova Galicia Edicions, S.L.
ISBN: 9788496070257
Idioma: Gallego
Número de páginas: 416
Encuadernación: Tapa dura
Fecha de lanzamiento: 19/12/2007
Año de edición: 2002
Plaza de edición: Vigo
Especificaciones del producto
Opiniones sobre ARTISTAS GALEGOS ESCULTORES
¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!