📗 Libro en gallego ARXENTINA

XERAIS - 9788475075228

Sociología Diccionarios de sociología

Sinopsis de ARXENTINA

Dende Itaquí ou Rocha (fundada por galegos), na fronteira do Brasil, ás terras austrais da Lapataia, onde o home recibe a derradeira luz do mundo, hai catro mil quilómetros a percorrer. O escritor viaxa e narra, con ollos abraiados, a inmensidade de horizontes non extraños para nós. Miles de galegos triparon estes camiños, abriron rastrilladas, traballaron chacras, fundaron sociedades e levantaron a bandeira da esperanza neste país que foi mito e paraíso para moitos dos nosos avós.

¿Qué é agora a Arxentina, aquel soño maravilloso? Aquí non se conta todo –que moito fica aínda por contar-, pero o lector ten nas mans un libro construído con amor e paixón, na mellor tradición dos viaxeiros ilustrados, que procura afondar, a través do coñecemento da terra e das xentes, no corazón desta patria distante.

A memoria dos vellos, as preocupacións dos netos, o absurdo da miseria nun país tan extraordinariamente rico, o recordo de Blanco Amor, Seoane e Castelao nas rúas de Buenos Aires, ou os galegos sindicalistas da revolución da Patagonia no 21, entre tantos outros, conforman esta crónica chea de emoción e saudades.


Ficha técnica


Editorial: Xerais

ISBN: 9788475075228

Idioma: Gallego

Número de páginas: 236
Tiempo de lectura:
5h 34m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 28/05/2004

Año de edición: 1990

Plaza de edición: Pontevedra
Alto: 21.0 cm
Ancho: 13.0 cm

Especificaciones del producto



Escrito por Xavier Alcalá


Xavier Alcalá (Miguelturra, Cidade Real, 1947) é enxeñeiro de telecomunicacións, ademais de colaborar na prensa cunha columna en La Voz de Galicia. Instalado en Galicia desde a nenez, iniciou a súa obra literaria con Voltar, seis personaxes e un fado (1972), obra á que ían seguir títulos como A nosa cinza (1980), Fábula (1980), Nos pagos de Huinca Loo (1982), Cárcere verde (1990), Latitude austral (1991), Código morse (1996) e Alén da desventura, novela coa que obtería o Premio Blanco Amor no ano 1998. Tamén é autor da triloxía “Evanxélica memoria”, en que se relata a epopea das comunidades evanxélicas en Galicia, constituída polas novelas Entre fronteiras (2004), Nas catacumbas (2005) e Unha falsa luz (2007). En 2012, publicou a novela Verde oliva, sobre a revolución castrista en Cuba, e The Making of (2018), o retrato dun sobrevivente, onde se descobre a aventura oculta da emigración galega na Arxentina.
Descubre más sobre Xavier Alcalá
Recibe novedades de Xavier Alcalá directamente en tu email

Opiniones sobre ARXENTINA


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana