📗 Libro en gallego AS AVENTURAS DE BREOGAN FOLGUEIRA (6ª ED.)

Edicións Xerais - 9788483026144

Infantil 10 a 12 años Literatura 10 a 12 años

Sinopsis de AS AVENTURAS DE BREOGAN FOLGUEIRA (6ª ED.)

Breogán Folgueira é un rapaz de catorce anos recén cumpridos, que vén de remata-lo 8º de EXB. Vive en Lugo e é fillo único dun matrimonio de traballadores.Breogán é un lector apaixonado e gústanlle moito os relatos fantásticos e as aventuras cabaleirescas.O libro, precisamente, ábrese cunha imaxinada víaxe de Breogán á lúa, logo da lectura do libro de Cyrano de Bergerac sobre o mesmo tema.Unha tarde que lía o Amadís, posto en galego polo señor Ferrín, viu unha doncela que mesmo lle pareceu tan fermosa como a sen par Oriana. Esa doncela resultou ser Dosinda, unha rapaza de 1º de BUP, irmá de Denís, un compañeiro da súa clase. E así foi como deu comezo a historia de amor entre Breogán e Dosinda, onde, coma en tódalas historias de amor, hai paixón e hai celos, hai encontros e desencontros e reencontros outra volta máis.Ó longo daquel verán, o rapaz e a rapaza terán que artellar unha chea de estratexias, sempre coa complicidade de Denís, que lles permitan verse e viví-lo seu primeiro amor adolescente.Porque esta é unha novela de aventuras que é tamén unha novela de amor.

Ficha técnica


Ilustrador: Fausto C. Isorna

Editorial: Edicións Xerais

ISBN: 9788483026144

Idioma: Gallego

Número de páginas: 112

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 04/05/2001

Año de edición: 2001

Plaza de edición: Es

Colección:
INFANTIL E XUVENIL - MERLÍN - De 11 anos en diante

Número: 21
Alto: 19.0 cm
Ancho: 13.5 cm
Grueso: 1.1 cm
Peso: 203.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por Darío Xohán Cabana


Darío Xohán Cabana (Roás, 1952) traballou en Edicións Castrelos, foi liberado sindical, garda municipal e, finalmente, funcionario do Concello de Lugo. Desde 1987 elaborou o encrucillado galego diario en «La Voz de Galicia», foi membro do Consello de Redacción de «A Trabe de Ouro» e académico numerario da Real Academia Galega desde o 2006. Como poeta obtivo, entre outros, os premios Cidade de Ourense (1982 e 1986), Celso Emilio Ferreiro (1983 e 1986) e Martín Códax (1994). É autor de distintos libros de poesía, reunidos no volume «Vinte cadernos. Poemas 1969-2002» (Xerais, 2003), e de «Cabalgada na brétema» (2006). Galardoado tamén como narrador, destacan «Galván en Saor» (Premio Xerais de novela, 1989), un clásico da literatura galega recente; «Fortunato de Trasmundi» (Xerais, 1990); «Vidas senlleiras» (Premio Cidade de Lugo, Xerais, 1992), a partir dun seu conto, fíxose a película «A mariñeira» (Antón Dobao, 2008); «O cervo na torre» (Premio Xerais de novela, 1994), «Morte de rei» (Xerais, 1996) e «Mitos e memorias» (Xerais, 2003). Escribiu tamén para o público infantil e xuvenil «As aventuras de Breogán Folgueira» (Xerais, 1990), «Chucho Cacho» (Xerais, 1994), «As viaxes do príncipe azul» (1993), etc. En 1991 foille outorgada a Medalla de Ouro da cidade de Florencia pola súa tradución d'«A divina comedia» de Dante. É autor, ademais, de antoloxías, guías, traballos historiográficos e biografías como «A chegada a Lugo do primeiro tren» (2005) ou «Xosé María Álvarez Blázquez. Vida e obra» (Xerais, 2008). A súa traxectoria biográfica está recollida no libro «Conversas con Darío Xohán Cabana. Vida e escrita» (Xerais, 2007). Nos seus últimos anos dedicouse fundamentalmente á tradución: os trobadores occitanos, de novo Petrarca e Dante (2011, 2012 e 2014) e varias novelas francesas. «A música das palabras. De lingua e literatura, 1990-2021» (Xerais, 2022), é unha recompilación de pequenos ensaios en forma de artigos e conferencias. Morreu o 16 de novembro de 2021 deixando máis de 50 libros publicados e unha inmensidade de ideas, palabras e proxectos na gabeta.
Descubre más sobre Darío Xohán Cabana
Recibe novedades de Darío Xohán Cabana directamente en tu email

Opiniones sobre AS AVENTURAS DE BREOGAN FOLGUEIRA (6ª ED.)


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana