Darío Xohán Cabana (Roás, 1952) traballou en Edicións Castrelos, foi liberado sindical, garda municipal e, finalmente, funcionario do Concello de Lugo. Desde 1987 elaborou o encrucillado galego diario en «La Voz de Galicia», foi membro do Consello de Redacción de «A Trabe de Ouro» e académico numerario da Real Academia Galega desde o 2006. Como poeta obtivo, entre outros, os premios Cidade de Ourense (1982 e 1986), Celso Emilio Ferreiro (1983 e 1986) e Martín Códax (1994). É autor de distintos libros de poesía, reunidos no volume «Vinte cadernos. Poemas 1969-2002» (Xerais, 2003), e de «Cabalgada na brétema» (2006). Galardoado tamén como narrador, destacan «Galván en Saor» (Premio Xerais de novela, 1989), un clásico da literatura galega recente; «Fortunato de Trasmundi» (Xerais, 1990); «Vidas senlleiras» (Premio Cidade de Lugo, Xerais, 1992), a partir dun seu conto, fíxose a película «A mariñeira» (Antón Dobao, 2008); «O cervo na torre» (Premio Xerais de novela, 1994), «Morte de rei» (Xerais, 1996) e «Mitos e memorias» (Xerais, 2003). Escribiu tamén para o público infantil e xuvenil «As aventuras de Breogán Folgueira» (Xerais, 1990), «Chucho Cacho» (Xerais, 1994), «As viaxes do príncipe azul» (1993), etc. En 1991 foille outorgada a Medalla de Ouro da cidade de Florencia pola súa tradución d'«A divina comedia» de Dante. É autor, ademais, de antoloxías, guías, traballos historiográficos e biografías como «A chegada a Lugo do primeiro tren» (2005) ou «Xosé María Álvarez Blázquez. Vida e obra» (Xerais, 2008). A súa traxectoria biográfica está recollida no libro «Conversas con Darío Xohán Cabana. Vida e escrita» (Xerais, 2007). Nos seus últimos anos dedicouse fundamentalmente á tradución: os trobadores occitanos, de novo Petrarca e Dante (2011, 2012 e 2014) e varias novelas francesas. «A música das palabras. De lingua e literatura, 1990-2021» (Xerais, 2022), é unha recompilación de pequenos ensaios en forma de artigos e conferencias. Morreu o 16 de novembro de 2021 deixando máis de 50 libros publicados e unha inmensidade de ideas, palabras e proxectos na gabeta.

Recibe novedades de Darío Xohán Cabana directamente en tu email

Del 1 al 20 de 39
-dario xohan cabana-9788497825405
Tapa blanda
AS AVENTURAS DE BREOGAN FOLGUEIRA

Darío Xohán Cabana

-dario xohan cabana-9788497824385
Tapa blanda
Fortunato de Trasmundi

Darío Xohán Cabana

-dario xohan cabana-9788497827157
Tapa blanda
XOSE MARIA ALVAREZ BLAZQUEZ. VIDA E OBRA

Darío Xohán Cabana

-dario xohan cabana-9788481317510
Tapa blanda
Els viatges del príncep blau

Darío Xohán Cabana

-dario xohan cabana-9788489323568
Tapa dura
AS FLORIÑAS DE SAN FRANCISCO

Darío Xohán Cabana

-dario xohan cabana-9788485271221
Tapa blanda
CAMPOS DA FAME OS

Darío Xohán Cabana

-dario xohan cabana-9788489678538
Tapa blanda
GALVAN EN SAOR

Darío Xohán Cabana

-dario xohan cabana-9788482887470
Tapa blanda
DENDE O HIMALAIA A CEILAN (LENDAS HINDUS)

Darío Xohán Cabana

-dario xohan cabana-9788483029947
Tapa blanda
GALVAN EN SAOR (14ª ED.)

Darío Xohán Cabana

-dario xohan cabana-9788497820257
Tapa blanda
MITOS E MEMORIAS

Darío Xohán Cabana

-dario xohan cabana-9788497823289
Tapa blanda
GALVAN EN SAOR (15ª ED.)

Darío Xohán Cabana

(1)
-dario xohan cabana-9788483026144
Tapa blanda
AS AVENTURAS DE BREOGAN FOLGUEIRA (6ª ED.)

Darío Xohán Cabana

-dario xohan cabana-9788475077406
Tapa blanda
EL MILAGRO DE LAS ESTRELLAS

Darío Xohán Cabana

-dario xohan cabana-9788475075266
Tapa blanda
FORTUNATO DE TRASMUNDI

Darío Xohán Cabana

-dario xohan cabana-9788483020692
Tapa blanda
MORTE DE REI

Darío Xohán Cabana

-dario xohan cabana-9788483024140
Tapa blanda
VIDAS SENLLEIRAS

Darío Xohán Cabana

-dario xohan cabana-9788486021504
Tapa blanda
VIII FRAGMENTOS

Darío Xohán Cabana

-dario xohan cabana-9788475074313
Tapa blanda
GALVAN EN SAOR

Darío Xohán Cabana

-dario xohan cabana-9788475074788
Tapa blanda
AS AVENTURAS DE BREOGAN FOLGUEIRA (5ª ED.)

Darío Xohán Cabana

-dario xohan cabana-9788482884035
Tapa blanda
AS VIAXES DO PRINCIPE AZUL (6ª ED.)

Darío Xohán Cabana

Del 1 al 20 de 39