Aquel home chegaba no mellor momento,
porque Osiño non tiña ningunhas ganas de quedarna súa cova todo o inverno. Osiño, moi contento,
exclamou: Marcho na procura de aventuras!Osiño emprende ilusionado esta aventura que
é tamén unha metáfora da vida,como adoitasuceder cos relatos de viaxes.
Ao longo de todo un ano, o protagonista -e con el,o lector- coñecerá diferentes lugares, descubrirá e
afianzará o seu potencial e particular talento, faránovos amigos e, ante todo, cumprirá o seu soño:
coñecer o mar.