leer_primeras_paginas Leer primeras páginas

📗 Libro en gallego AS DE BOLBORETA

Edicións Xerais - 9788499142159

Más de 13 años Temas sociales

Sinopsis de AS DE BOLBORETA

Na "Luzada", a cafetaría de Patricia, conflúen cada mañá os camiños que transitan os personaxes d' As de bolboreta, a novela de Rosa Aneiros gañadora do Premio Fundación Caixa Galicia de literatura xuvenil 2009. O de Manuel, un neno de orixe africana, a quen lle morreu a súa nai adoptiva, que comparte varias horas do día co seu avó. O de Lola e Eusebio, un matrimonio de persoas maiores que viven soas e deben enfrontar as difíciles decisións que esixen a vellez e a aparición da enfermidade. O de Iqbal, un mozo de pais paquistanís que decidiu marchar de Londres tras os atentados terroristas no metro de 2005. O de Aysel, unha kurda que manifesta a impotencia que sente pola indiferenza con que a comunidade internacional acolle a represión exercida contra o seu pobo por parte do goberno turco. O dos alpinistas do monte Gurugú, dous mozos nixerianos que tentan atravesar o valado da fronteira de Melilla para poder reunirse coa súa tía, que agarda todos os días no bar unha chamada que confirme a chegada dos seus sobriños a Galicia. E tamén o de Paco e Adolfo, dous homes covardes que non aprenderon a considerar as súas mulleres como compañeiras de viaxe, e o da señora Filomena, e o de Ana, e o de Fiño...
O xurado do Premio Fundación Caixa Galicia 2009, que outorgou por unanimidade o galardón a esta novela de Rosa Aneiros, sinalou que "Ás de bolboreta presenta unha estrutura non xerarquizada, dividada en breves capítulos onde calquera parte está conectada con todas as demais, un puzzle de pezas engarzado do mesmo xeito que se engarzan as vidas dos personaxes da novela"; salientando, ademais, que "mediante a conexión do cotián con outras historias que poden semellar máis afastadas conséguese unha intensidade narrativa reforzada polo acertado emprego dos rexistros que se van adecuando aos distintos personaxes que conforman a novela". Para concluír que "Ás de bolboreta é un relato triste e esperanzador ao mesmo tempo, fondamente humano, solidario e internacionalista."

Ficha técnica


Editorial: Edicións Xerais

ISBN: 9788499142159

Idioma: Gallego

Número de páginas: 232

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 11/03/2011

Año de edición: 2011

Plaza de edición: Es

Colección:
INFANTIL E XUVENIL - FÓRA DE XOGO

Alto: 21.0 cm
Ancho: 13.0 cm
Grueso: 1.5 cm
Peso: 295.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por Rosa Aneiros


Rosa Aneiros (Meirás-Valdoviño, 1976) é xornalista e traballa no Consello da Cultura Galega. Colabora habitualmente en distintos medios de comunicación. En 1999 presentou a súa primeira novela, «Eu de maior quero ser», á que seguiron «Corazóns amolecidos en salitre» (2002); «Resistencia» (Xerais, 2003), Premio Arcebispo Xoán de San Clemente 2003; «O xardín da media lúa» (2004); «Veu visitarme o mar» (Xerais, 2004); «Ás de bolboreta» (Xerais, 2009), Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil, Premio Fervenzas Literarias ao Mellor libro xuvenil 2009 e Premio The White Ravens (Internationale Jugend Bibliothek) 2010; «Sol de Inverno» (Xerais, 2009), Premio Xerais de Novela; «Sibila» (Xerais, 2021) e «A noite das cebolas» (Xerais, 2024). En 2013 publica o primeiro título da triloxía «Ámote Leo A.»: «Ámote Leo A. Destino xalundes» (Xerais, 2013), ao que seguiron «Ámote Leo A. Estación de tránsito» (Xerais, 2014) e «Ámote Leo A. Terminal de chegadas?» (Xerais, 2014). Na colección Sopa de Libros de Xerais publicou «Orestes perde o sentido!» (2019) e, na colección Merlín, «A batalla da pequena Chañan Curi Coca» (2017), «Xelís, o guieiro das botellas de mar», Premio Merlín de Literatura Infantil 2019, «Tres bichicomas, dúas illas e unha serea» (2020), Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade 2018, «Catro plumas de dinosauro» (2022) e «Faísca, a nena neandertal» (2024). Fotografía da autora: Manuel G. Vicente.
Descubre más sobre Rosa Aneiros
Recibe novedades de Rosa Aneiros directamente en tu email

Opiniones sobre AS DE BOLBORETA


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana