📗 Libro en gallego AS HORAS BAIXAS

LAIOVENTO - 9788484871477

Literatura en gallego Teatro en gallego

Sinopsis de AS HORAS BAIXAS

O título rotundo da primeira das comedias, AS HORAS BAIXAS, que acabou por baptizar a totalidade do volume, está a falar da mesma crise de maturidade que afecta á segunda e á terceira pezas: A CRISE DO DIRECTOR DE ESCENA e a monologar VIVALDI, SEÑOR: tres aconteceres marcados por unha sensación de tempo xa abolido, co que a vida parece non querer contar... E non obstante...

Ficha técnica


Editorial: Laiovento

ISBN: 9788484871477

Idioma: Gallego

Número de páginas: 125
Tiempo de lectura:
2h 54m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 01/12/2008

Año de edición: 2008

Plaza de edición: Santiago de Compostela

Especificaciones del producto



Escrito por Manuel Lourenzo


Manuel Lourenzo (Ferreira do Valadouro, 1943), licenciado polo Institut del Teatre, de Barcelona, alumno de Pepe Estruch, está vinculado desde 1965 ao teatro independente e comprometido na causa da reincorporación do teatro á vida pública galega. Sexa como dramaturgo, director, actor, teórico, divulgador ou grafista, os seus obxectivos foron sempre a creación e implantación dun teatro galego contemporáneo que non ignorase as súas raíces históricas nin estéticas. Nesta dirección, impulsou a creación dos seguintes grupos e compañías teatrais: O Facho (1965), Teatro Circo (1967), Escola Dramática Galega (1978), Compañía Luís Seoane (1980), Clube teatral Elsinor (1990), Casahamlet (1997)... É autor dunha extensa obra dramática iniciada en 1969 con «Romería ás Covas do Demo» e materializada en 2009 como «As dunas», entre a que destacan títulos como «Veladas indecentes» (1996), Premio Nacional de Literatura Dramática; «O circo da medianoite» (1997); «A larva furiosa» (2003); «As horas baixas» (2008), «Flores de Dunsinane» (Xerais, 2010) e «Suite Artabria» (Xerais, 2017), estas dúas últimas galardonadas co Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais. Reuniu o seu teatro breve (1973-2015) no libro «Nunca paraíso» (Xerais, 2016). Dirixiu espectáculos como «Electra», «Copenhague», «Fausto», «Magnetismo», «O avión paranoico»... Recibiu numerosos premios: Abrente (1978), Artur Carbonell (1983), Teatro de Cámara Ditea (1985), Rafael Dieste (1996, 1999), Marisa Soto, Maruxa Villanueva, Premio Nacional da Cultura Galega de Artes Escénicas (2008) e Premio Otero Pedrayo (2011).
Descubre más sobre Manuel Lourenzo
Recibe novedades de Manuel Lourenzo directamente en tu email

Opiniones sobre AS HORAS BAIXAS


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana