Sinopsis de AS HORAS MORTAS.VIAXES E CONVERSAS POR CEMITERIOS GALEGOS
Concibido como unha guía de lugares mais tamén como un compendio de historias para ler desde o sofá, este libro percorre unha pequena parte dos máis de 3.600 cemiterios da nosa comunidade autónoma, desde o histórico Santo Amaro ata un dos cemiterios máis pequenos do mundo. Da tumba dun Nobel ata a dun actor proposto ao Óscar. A autora viaxa, ás veces soa e outras acompañada por persoeiros vencellados ao cemiterio que visita para coñecer máis de cerca as lendas e as historias reais, ás veces con límites difusos, achegando á nosa literatura unha viaxe única e persoal, resultando unha antoloxía de lugares fúnebres e rituais e crenzas relacionadas coa vida e a morte. Percorridos como a Ruta dos Cemiterios indianos do norte, os cemiterios illegos, os desaparecidos, republicanos, protestantes e de disidentes, son algunhas das propostas d’As horas mortas.
Ficha técnica
Editorial: Baía Edicións a Coruña. S.L.
ISBN: 9788499954530
Idioma: Gallego
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 04/02/2025
Año de edición: 2024
Colección:
Arte e escrita
Arte e escrita
Especificaciones del producto
Escrito por Emma Pedreira Lombardía
Emma Pedreira (A Coruña, 1978). Filóloga, poeta e narradora. Membro da Plataforma de Crítica Feminista A Sega. Forma parte da denominada Xeración Poética dos 90. Como poeta publicou "Diario bautismal dunha anarquista morta" (1999, Premio Johán Carballeira), "Grimorio" (2000, Premio Eusebio Lorenzo Baleirón), "Corpo" (2001, Premio Faustino Rey Romero), "As posturas do día" (2001), "Velenarias" (2001, Premio Johán Carballeira), "Os cadernos d'amor e os velenos" (2002, Premio Johán Carballeira), "Casa de orfas" (2006, Premio Fiz Vergara Vilariño), "Xoguetes póstumos" (2010), "Antítese da ruína" (2011, IX Premio de poesía Novacaixagalicia), "Libro das mentiras" (2012, Certame de poesía Concello de Carral) e "s/t" (Xerais, 2015, Premio Gonzalo López Abente). Como narradora publicou "Bestiario de silencios" (2001), "As cinzas adentras" (2004), "Corazón e demais tripas" (2016, Premio Narrativas Quentes), "Bibliópatas e fobólogos" (2017, Premio da Crítica de narrativa galega 2018), "Besta do seu sangue" (2018, Premio Xerais de Novela) e "As fauces feroces" (2019). "Os corpos invisibles" gañou o Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil no ano 2019.