Algunhas obras quedan sen título (s/t) cando o autor non é quen de abranguer nunha única expresión todo o espírito definitivo da obra que vén de crear. Pode resultar un labor difícil de máis cando hai que pechar nel unha declaracion de intencions e unha sintese. As veces a mellor escolla e o silencio. Neste caso s/t significa, ademais, sen terra, e ese demudado titulo leva a describir todas as perdas, a do espazo e a do tempo, a das coordenadas fisicas da infancia nese lugar que xa non sera posible se non e a traves da palabra e da memoria deformadas pola bretema dos dias. Un libro de facer memoria para atopar o inicial e o esencial: as orixes, o xermolo e a raiz, a transicion e o transplante, o medrar no dislocado, desposuido xa, sendo o poema a unica pegada que ficara despois de que as desaparicions sexan totais e non haxa mais forma de sobrevivir que o intanxible.Algunhas obras quedan sen título (s/t) cando o autor non é quen de abranguer nunha única expresión todo o espírito definitivo da obra que vén de crear. Pode resultar un labor difícil de máis cando hai que pechar nel unha declaracion de intencions e unha sintese. As veces a mellor escolla e o silencio. Neste caso s/t significa, ademais, sen terra, e ese demudado titulo leva a describir todas as perdas, a do espazo e a do tempo, a das coordenadas fisicas da infancia nese lugar que xa non sera posible se non e a traves da palabra e da memoria deformadas pola bretema dos dias. Un libro de facer memoria para atopar o inicial e o esencial: as orixes, o xermolo e a raiz, a transicion e o transplante, o medrar no dislocado, desposuido xa, sendo o poema a unica pegada que ficara despois de que as desaparicions sexan totais e non haxa mais forma de sobrevivir que o intanxible.
Que é unha poeta? Como nace? Como é no colexio, na casa, na vida?A través dunha conversa a tres bandas, Emma Pedreira e Laura Romero preséntannos a Xela Arias, poeta, tradutora, docente, letrista e, sobre todo, muller transgresora.Poemas a dúas voces, colaxes e ilustracións para recuperar e coñecer a figura dunha das nosas voces máis interesantes e, se cadra, máis descoñecidas da literatura.Di Emma deste libro diferente e un pouco punk:Non quero facer unha biografía ao uso. Quero falar dunha poeta, que podería ser outra, que podería ser ata eu mesma e non, é Xela e eu con Xela ou Xela en min e, por aí, ando debullando o íntimo dos seus versos nos meus.